Apis florea é unha das dúas especies de abella do mel pequenas, unha especie salvaxe que habita no sur e sueste de Asia. Ten unha distribución máis ampla que a súa especie irmá, Apis andreniformis.
É a especie máis pequena de abellas do xénero Apis, en canto a tamaño do seu corpo. Unha obreira mide tipicamente de 7–10 mm de lonxitude corporal, e a súa plena coloración é parda avermellada.Oldroyd, Benjamin P., Siriwat Wongsiri. Asian honey bees: biology, conservation, and human interactions. Harvard University Press, 2009. Unha colonia de Apis florea consiste nun só favo, que na súa parte superior rodea unha póla ou obxecto do cal se sostén.Gupta, Rakesh Kumar. Beekeeping for Poverty Alleviation and Livelihood Security. N.p. 2014. Web.
Notas
Categoría:Himenópteros de Asia Categoría:Animais descritos en 1797