Uxue Apaolaza Larrea, nada en Hernani, Guipúscoa, o 20 de abril de 1981, é unha escritora e xornalista vasca. Foi columnista primeiro todos os días e despois todas as semanas no xornal Berria. Tamén colaborou na revista Argia ou o suplemento Ortzadar.

En agosto de 2021, Nós Diario publicou o relato curto Un equipo (Un verán en Galeusca: proxecto impulsado entre VilaWeb, Berria e Nós Diario e Belfastmedia).

Obra

Narrativa

Umeek gezurra esaten dutenetik (2005). Erein. Des que els nens diuen mentides (2018). Godall Edicions SL. ISBN 978-84-948407-6-0. Desde que los niños mienten (2019). Godall Edicions SL. ISBN 978-84-120684-5-0. Frantzisko Xabierkoa iheslaria biografia ondu (2008). Txertoa. Biografía do citado fuxitivo. Mea Culpa (2011). Elkar. Bihurguneko nasa (2021, Susa).

Premios

2009 Premio Igartza de novela ao proxecto Hiltzailea. 2022 Premio Euskadi de Literatura.

Referencias

Categoría:Nados en Hernani Categoría:Nados en 1981 Categoría:Xornalistas do País Vasco Categoría:Escritores en lingua éuscara