Erías é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena. A parroquia ten unha extensión de 6,66 km² e unha poboación de 54 habitantes (segundo datos de 2009). A vila está situada a 7,3 quilómetros de La Pola e atópase a 560 metros de altitude.
Lugares Segundo o nomenclátor de 2009, a parroquia abrangue as poboacións de:
Bendueños (aldea): 1 habitante; La Frecha (lugar): 21 habitantes; Erías (lugar): 14 habitantes; Eros (aldea): 6 habitantes; Renueva (casaría): 12 habitantes.
Tamén forman parte da parroquia as casarías de La Barraca, El Cabanón, El Quentu e Samiguel d'Eros.
Demografía
Historia O seu poboamente remóntase polo menos á Idade Media, xa que se atoparon restos dun mosteiro do século X, o mosteiro de Santolaya,Lena: un conceyu na montaña central asturiana: Hospitales y malatas. xunto ao que se encontraban unhas viñas, as chamadas leiras de Viñamayor, cuxa posesión pola Orde de San Bieito está documentada.Lena: un conceyu na montaña central asturiana: Herías. Pola súa parte, a igrexa parroquial, adicada a San Claudio, conserva a data de 1175 nunha das súas pedras.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía VV.AA., Diccionario geográfico de Asturias. Oviedo, Editorial Prensa Asturiana, 2000.
Categoría:Parroquias de Ḷḷena