Tuíza é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena. De 23,32 km² de extensión, ocupa o extremo suroccidental do concello. Linda ao sur e ao oeste coa provincia de León, ao norte co concello de Quirós, ao nordés coa parroquia de Xomezana e ao leste e sueste coa de Teyeo. Ten unha poboación (INE, 2010) de 53 habitantes, que están repartidos entre os lugares de El Quempu, Tuíza Baxo e Tuíza Riba.
Demografía
Actividades de montaña En Tuíza atópase a vertente asturiana do macizo de Ubiña. Sendo Pena Ubiña, de 2417 metros, a maior altitude dentro do concello. Neste macizo practícanse toda clase de actividades de alta montaña, dende sendeirismo até a escalada invernal. Na veiga do Meicín, a 1560 metros, hai un refuxio de montaña.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía VV.AA., Diccionario geográfico de Asturias. Oviedo, Editorial Prensa Asturiana, 2000.
Categoría:Parroquias de Ḷḷena