Eustaquio III de Boulogne, en francés Eustache III de Boulogne, nado contra 1056 no Ducado de Lorena, e finado en Rumilly, contra 1125, foi un nobre francés que foi conde de Boulogne desde 1087 até o seu pasamento, contra 1125.

Sucesor de seu pai, Eustaquio II de Boulogne, era irmán de Godofredo de Bouillon e de Balduíno I de Xerusalén, e foi un dos participantes na Primeira Cruzada.

Traxectoria As primeiras informacións acerca da vida de Eustaquio sitúano na batalla de Hastings de 1066, como aliado de Guillerme I de Inglaterra, e aparece como un dos posíbeis causantes da morte do rei Haroldo II de Inglaterra. Crese tamén que lle deu a Guillerme o seu propio cabalo despois de que perdera o seu a mans de Gyrth Godwinson, irmán de Haroldo.

Sucedeu ao seu pai como conde de Boulogne en 1087.Eustache III de Boulogne (-1125 ou despois) en Medieval Lands.

Eustaquio partiu a loitar na Primeira Cruzada en 1096, xunto cos seus irmáns Godofredo e Balduíno. Eustaquio, porén, volvería pronto para retomar a administración dos seus dominios.

Casou con María de Escocia, filla do rei Malcolm III de Escocia e de Santa Margarida de Escocia, sobriña de Eduardo o Confesor. Eustaquio e María tiveron unha filla, Matilde de Boulogne.

Cando seu irmán máis novo Balduíno morreu en 1118 a Eustaqui ofrecéuselle o trono do Reino de Xerusalén. Nun principio Eustaquio non estaba interesado, pero convencérono para aceptalo e partiu en dirección a Xerusalén até chegar a Puglia. Aí recibiu a información de que un familiar afastado, Balduíno de Bourcq fora xa coroado, polo que Eustaquio retornou a Boulogne.

Morreu ao redor de 1125.

Á súa morte o Condado de Boulogne foi herdado pola súa filla Matilde e o seu marido, Estevo de Blois, conde de Mortain e que chegaría a ser tamén rei de Inglaterra. Eustachius, frater Balduini regis Iherusalem En Monumenta Germaniae Historica.

Á morte de Matilde en 1151 o condado pasou ao seu fillo, Eustaquio IV de Boulogne, e logo ao seu segundo fillo Guillerme e, finalmente, á súa filla María de Boulogne, posto que os seus dous irmáns morreron sen descendencia.

Descendencia Eustaquio III tivo tres fillos: Matilde, lexítima Rodolfo Eustaquio Godofredo, os tres foron ilexítimos

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Howarth, David (1981): 1066. The Year of the Conquest. ‎Londres, RU: Penguin Books. ISBN 978-0-1400-5850-5. Payne, Robert (2000): The Dream and the Tomb. A History of the Crusades. Lanham, Maryland: Cooper Square Press. ISBN ‎ 978-0-8154-1086-7.

Categoría:Nobres de Francia Categoría:Nados no século XI Categoría:Finados no século XI