Florence Pugh (|pjuː|), nada en Oxford o 3 de xaneiro de 1996, é unha actriz británica. Debutou como actriz en The Falling (2014) e recibiu recoñecemento a partir do seu papel protagonista en Lady Macbeth (2016). A súa interpretación como unha muller casada infeliz valeulle un British Independent Film Award á mellor actriz. Pugh interpretou a Isabel de Burgh no filme histórico Outlaw King (2018).
Traxectoria Primeiros anos Pugh naceu e creceu en Oxfordshire. O seu pai, Clinton Pugh, é un restaurador en Oxford e a súa nai, Deborah, é bailarina e profesora de danza. Pugh ten tres irmáns, entre eles o actor e músico Toby Sebastian e a actriz Arabella Gibbins.
Cando era nena, Pugh sufriu traqueomalacia, que provocou que fose hospitalizada con frecuencia. A familia mudouse a Sotogrande, en Andalucía, cando Pugh tiña tres anos esperando que o clima tépedo mellorase a súa saúde. Viviron alí ata que cumpriu seis anos, cando regresaron a Oxford.
O seu amor polos acentos e a actuación chegoulle precisamente aos seis anos, cando fixo parte dunha obra escolar de Nadal como a Virxe María e decidiu facer dela coma se tivese interpretala coma se tivese acento de Yorkshire. Outros papeis protagonistas seguírona na Wychwood School (2007–2009) e na St. Edward's School, en Oxford.
Carreira Pugh debutou no cinema no filme de 2014 The Falling, en que interpreta unha adolescente precoz, actuando xunto con Maisie Williams. Pugh foi candidata ao premio á mellor actriz debutante británica no BFI London Film Festival de 2015 e á mellor interpretación nos premios do London Film Critics' Circle.
En 2015, Pugh obtivo o papel principal na fita Studio City, xunto a Eric McCormack. O ano seguinte protagonizou Lady Macbeth e tivo un papel recorrente na primeira tempada da serie de detectives Marcella. Pola súa actuación na serie recibiu un British Independent Film Award, entre outros galardóns.
En 2018, Pugh interpretou a Isabel de Burgh no filme histórico Outlaw King (2018), protagonizado por Chris Pine como Roberto I de Escocia. O ano seguinte interpretou a loitadora profesional Paige en Fighting with My Family, un drama deportivo sobre a relación de Paige coa súa familia. Ademais protagonizou o filme de terror de Ari Aster Midsommar, e apareceu en Little Women, xunto a Saoirse Ronan, Timothée Chalamet e Meryl Streep, filme baseado na novela homónima de Louisa May Alcott, e nunha miniserie baseada na novela de espías de John le Carré The Little Drummer Girl.
Filmografía Ano Título PersonaxeOutras funcións2014The FallingAbbie Mortimer2016Lady MacbethKatherine Lester 2018The CommuterGwenOutlaw KingIsabel de BurghMalevolentAngela 2019Fighting with My FamilySaraya "Paige" Bevis Midsommar Dani Little Women Amy March2020Father of the Bride Part 3(ish) 2021Black WidowYelena Belova / Black WidowDon't Worry Darling Alice2022 The Wonder Lib Wright Puss in Boots: The Last Wish Goldilocks (voz)2023 A Good Person Allison Tamén produtoraOppenheimer Jean Tatlock
Notas
Categoría:Nados en Oxford Categoría:Nados en 1996 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra