Jesús Varela Martínez, nado en Cuíña (Ortigueira) o 14 de maio de 1940 e finado no mesmo concello o 26 de decembro de 2020, foi un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria Concelleiro de Ortigueira da Candidatura Independiente Ortegana encabezada por José Antonio Franco Cerdeira nas eleccións municipais de 1983, foi primeiro tenente de alcalde. Logo da dimisión de José Antonio Franco, foi elixido alcalde de Ortigueira o 12 de decembro en 1985.La Voz de Galicia, 15-12-1985, p. 37. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da Coalición Progresista Galega e foi elixido alcalde ao se-la forza máis votada e recibir o apoio de Independentes de Galicia na investidura. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu repetir a maioría absoluta nas municipais de 1995 e continuou como alcalde ata 1999, cando renunciou a presentarse á reelección. Finou en Ortigueira o 26 de decembro de 2020.Falleció Jesús Varela Martínez, ex alcalde de OrtigueiraLa Voz de Galicia, 26-12-2020, p. 48.
Vida persoal Casou con Josefa Sansegundo Rodríguez e foi pai de Guillermo, Jesús e Carlos Varela Sansegundo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Ortigueira
Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes
Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2020