José Seguín Santos, nado nos Blancos o 21 de novembro de 1951, é un ex-piragüista galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, nas probas de K2 500m e K2 1000m, logrando dous diplomas olímpicos.

Traxectoria Participou nos Xogos Olímpicos de 1976 en dúas probas diferentes, o K2 500m e o K2 1000m, formando parella nas dúas con Guillermo del Riego. Na primeira delas quedou ás portas das medallas, ao rematar na cuarta posición a menos dun segundo dos terceiros, os romaneses Larion Serghei e Policarp Malîhin, mentres que o ouro foi para os piragüistas da RDA Joachim Mattern e Bernd Olbricht e a prata para os soviéticos Sergei Nagornyi e Vladimir Romanovskii. Na distancia de 1000 metros sumaron o seu segundo diploma olímpico, ao finalizaren en quinta posición, nunha proba que gañaron os soviéticos Nagornyi e Romanovskii.

Trala súa retirada foi adestrador de piragüismo e seleccionador do equipo español de canoas, ao que dirixiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do piragüista no sitio web do Comité Olímpico Internacional . Datos do piragüistaen sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal .

Categoría:Nados nos Blancos Categoría:Nados en 1951 Categoría:Piragüistas olímpicos de Galicia Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 1976