Akera bullata é unha especie de molusco gasterópodo da subclase dos heterobranquios, infraclase dos eutineuros, orde dos aplisíidos, superfamilia dos akeroideos e familia dos akéridos, integrada no seu único xénero, Akera.Akera bullata O. F. Müller, 1776 no WoRMS. Consultado o 16 de agosto de 2021.Akera bullata O. F. Müller, 1776 no GBIF. Consultado o 16 de agosto de 2021.
Esta especie é o único representante europeo do xénero Akera.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1776 polo naturalista danés Otto Friedrich Müller, no seu traballo Zoologiae Danicae Prodromus, seu Animalium Daniae et Norvegiae Indigenarum characteres, nomina, et synonyma imprimis popularium.... Copenhagen. Ver en PDF
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Acera bullata (O. F. Müller, 1776) Acera bullata var. nana Jeffreys, 1867 Acera elegans Locard, 1886 Aceras elegans Locard, 1886 Akera flexilis T. Brown, 1844 Akera striatella Lamarck, 1804 Bulla akera Gmelin, 1791 Bulla elastica Danilo & Sandri, 1856 Bulla farrani Norman, 1890 Bulla fragilis Lamarck, 1822 Bulla hanleyi Adams A. in G. B. Sowerby II, 1850 Bulla norwegica Bruguière, 1792 Bulla resiliens Donovan, 1801 Eucampe donovani Leach, 1847
Características É un representante primitivo das lesmas de mar. É unha lesma grande, con cuncha. O seu corpo é alongado e está provisto de grandes lóbulos parapodiais (parápodos) que lle permiten nadar. Non ten tentáculos na cabeza. A cuncha, visíbel na parte traseira do animal, é ovalada, duns 40 mm de lonxitude, pero demasiado pequena para conter todo o seu corpo. Ten un característico devanado de 6 xiros. O manto remata na parte traseira, cun apéndice fino e longo que sobresae da cuncha. A parte dianteira do corpo do animal está destinada a escavar, e esta lesma pasa gran parte da súa vida enterrada na area ou na lama. De feito, só sae á superficie durante a época de cría.
O corpo ten unha cor que varía do gris ao alaranxado, con manchas brancas ou escuras. A súa cuncha, de cor branca ou marrón, é fráxil e lisa, de forma ovoide, co vértice truncado e o ápice apenas saínte, e con liñas de crecemento abundantes, a abertura é alongada, moi ancha xunto á base. Non é un nadador áxil. Usa os seus amplos parápodos, mantidos xuntos por un funil sobre a cabeza, para remar cando se perturba.Akera bullata Müller, O.F., 1776 en gastropods.com.
Distribución Akera bullata encóntrase no Atlántico, desde Noruega até as illas Canarias, e no Mediterráneo.Akera bullata O. F. Müller, 1776 en OBIS.
Na ría de Vigo Na ría de Vigo encontráronse espécimes vivos bastante abundantes no lagoon (lagoa costeira) das illas Cíes, na súa zona sur. Tamén en varios puntos do interior da ría. Aparece especialmente nas depuradoras de mexillóns en gran cantidade, e nas bateas.
Hábitat Vive sobre fondos de area ou lamacentos, principalmente nas praderías de zosteras, encontándose nos niveis infralitoral e circalitoral.Akera à bulle en Doris .
Na ría de Vigo Na ría de Vigo vive sobre fondos de lama con algas, desde pouca profundidade e en augas tranquilas, até fondos de 8 a 10 m.
Bioloxía Nurtrición É un animal herbívoro, equipado cunha rádula (cinta membranosa cuberta de dentículos quitinosos transversais), coa que raspa as plantas, alimentándose de fanerógamas mariñas dos xéneros Zostera e Posidonia.
Reprodución Durante o período de apareamento estas lesmas forman longas cadeas de individuos, o un tras do outro, que se arrastran polo fondo. No Mediterráneo o período de posta é de marzo a abril. Os ovos son como filamentos amarelos claros enredados coma os espaguetes. Aseméllanse aos ovos das borrachas pero son máis finos, menos voluminosos e de cor máis clara.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bouchet P. & Rocroi J. P. (2005): "Classification and nomenclator of gastropod families". Malacologia 47 (1-2): 1-397. Bouchet P., Rocroi J. P., Hausdorf B., Kaim A., Kano Y., Nützel A., Parkhaev P., Schrödl M. & Strong E. E. (2017): "Revised classification, nomenclator and typification of gastropod and monoplacophoran families". Malacologia 61 (1-2): 1-526. Rolán, E. (1983): Moluscos de la ría de Vigo. I Gasterópodos. Thalassas. Revista de ciencias del mar, Vol. 1, Nº 1 Anexo 1. ISBN 84-3089-578-4.
Outros artigos Akeroideos Lista de gasterópodos de Galicia
Categoría:Gasterópodos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1776