Fernan Padron foi un trobador galego do século XIII, autor de composicións da lírica galego-portuguesa. É mencionado no libro Os Trobadores de Víctor Balaguer.
Biografía Polo nome, os investigadores deducen que provén de Padrón, localidade na que había unha liñaxe de cabaleiros denominados así. Entre 1164 e 1178 aparece un Fernan Pais Padron nos documentos do mosteiro de Toxosoutos, así como nunha escritura onde aparecen nobres relacionados coa primeira xeración da lírica galego-portuguesa. Con todo, pola zona que ocupa a súa obra nos cancioneiros, pertence á primeira metade do século XIII, polo que podería ser fillo ou neto do mencionado Fernan Pais Padron.
Obra Consérvanse 3 cantigas de amor recompiladas no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional e Cancioneiro da Ajuda. Nas cantigas ‘Nulh'home nom pode saber’ e ‘Vos meus olhos, que mia senhor’ emprega os ollos como pretexto para expresar o seu amor e o sufrimento que padece polo mesmo.
Notas
Categoría:Trobadores en galego-portugués