Pepe o inglés é unha serie da Televisión de Galicia que comezou a emitirse o 13 de febreiro de 2006. Comedia de situación, céntrase en Pepe, propietario dun taller de reciclaxe, home fascinado por todo o inglés, con Suso, un seu axudante, fai pequenos inventos. Todo mudará coa chegada de Pilar ó barrio.
Sinopse A serie comeza coa chegada de Pilar ao barrio: unha muller metódica, ordenada e legalista, que chocará desde o principio con Pepe, un mecánico retirado con mañas de inventor, que leva unha vida caótica argallando artificios no seu taller.
"Pepe o Inglés" amosa tamén a vida dun barrio que se resiste a perder a súa personalidade e sucumbir aos ataques da especulación. O taller de Pepe é o bastión principal desa resistencia: un predio que mantén sen vender a pesar das ofertas dos construtores.
Elenco de actores Pilar (Patricia de Lorenzo). Primeira aparición: Episodio 01 (13 de febreiro de 2006). Última aparición: Pepe "o Inglés" (Miguel de Lira). Primeira aparición: Episodio 01 (13 de febreiro de 2006). Última aparición: Episodio 28 (13 de xaneiro de 2007). Telmo Negreira (Manuel Cortés). O taxista. Primeira aparición: Última aparición: Suso "Pajarito" (Xesús Ron). O axudante de Pepe no taller. Primeira aparición: Episodio 01 (13 de febreiro de 2006). Última aparición: Lola (Paula Carballeira). Primeira aparición: Última aparición: Armando Moscoso (Pepe Penabade). O construtor. Primeira aparición: Última aparición: Susana (Marta Pazos). A veciña de Pilar. Primeira aparición: Última aparición: Richi (Marcos Carballido). O irmán de Lola. Primeira aparición: Última aparición: Uxío (Marcos Correa). Primeira aparición: Última aparición: Filipa (Carolina Vázquez). Primeira aparición: Última aparición: Mehmet (Marco Aurelio). Primeira aparición: Última aparición: Fredy (Federico Rey). Primeira aparición: Última aparición: Tacher. É a femia de corvo que lle fai compaña a Pepe no taller. Primeira aparición: Episodio 01 (13 de febreiro de 2006). Última aparición:
Intérpretes convidados Ernesto Chao Antón Coucheiro José Luís López “Sacha” Carmen Sotelo Pía de Tolomei como Susi Estíbaliz Veiga
Véxase tamén Ligazóns externas
Primeiro episódio de Pepe o inglés na Páxina dos 25 anos da TVG Pepe o inglés na AVG de Culturagalega.org Pepe o inglés no Internet Movie Database
Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 2006 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2007 Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega