A bolboreta arlequínBolboreta arlequín (Zerynthia rumina). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia. (Zerynthia rumina) é unha especie de bolboreta que pertence á familia dos papiliónidos. É unha especie moi frecuente en España e está presente na maioría de hábitats. En Galicia está en perigo de extinción. As súas plantas nutricias son as do xénero Aristolochia.
Distribución Está presente no norte de África, a Península Ibérica e o sur de Francia.
Plantas nutricias
As eirugas aliméntanse de diferentes especies do xénero Aristolochia, confiriendo os alcaloides tóxicos que conteñen estas plantas (que asimilan sen degradalos) unha defensa contra posibles depredadores. En Galicia a única especie deste xénero é a cabeza de cobra.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Bibliografía Gil-T., F., 2008: The form canteneri Staudinger of Zerynthia rumina L., an interesting case of sex-linked inheritance: a study of its occurrence in captive-bred specimens and notes about other forms and aberrations (Lepidoptera: Papilionidae). ISSN 0171-0079 | Atalanta 39 (1/4): 337-342, 421. Full article: .
Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Bolboretas de Europa Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné