miniatura|O burato de oxianión dunha serina protease (en negro) estabiliza a carga negativa acumulada no estado de transición do substrato (en vermello) usando enlaces de hidróxeno de amidas do esqueleto peptídico do encima (en azul). Un burato de oxianión é un peto (pregamento que forma un oco) situado no sitio activo dun encima que estabiliza a carga negativa do estado de transición nun alcóxido ou oxíxeno desprotonado. O peto consiste tipiciamente en amidas do esqueleto peptídico do encima ou residuos cargados positivamente. A estabilización do estado de transición fai diminuír a enerxía de activación necesaria para a reacción, e dese modo promove a catálise. Por exemplo, as proteases como a quimotripsina, conteñen un burato de oxianión para estabilizar o anión intermediario tetraédrico formado durante a proteólise e protexer o oxixeno cargado negativamente do substrato das moléculas de auga. Ademais, pode permitir a inserción ou posicionamento dun substrato, que sufriría impedimento estérico se non puidese ocupar o burato (como o BPG na hemoglobina). Os encimas que catalizan reaccións de múltiples pasos poden ter múltiples buratos de oxianión que estabilizan diferentes estados de transición na reacción.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Catálise encimática Sitio activo Estado de transición Serina protease#Mecanismo catalítico

Categoría:Encimas Categoría:Estrutura das proteínas