A praza de touros da Coruña foi un recinto taurino inaugurado o 2 de xullo de 1885. A última corrida de touros que se celebrou nese lugar foi o 7 de outubro de 1967.
Edificio Construída na zona do segundo ensanche, tiña unha capacidade de 10 027 persoas, unha arena de 52.5 metros de diámetro e unha calella de 1.5 metros con barreira de 1.55 metros. O edificio realizouse en cachotaría, con varios andares e bancadas de madeira de piñeiro galego. O espazo total do recinto ocupaba 15 420 m2. A súa venda foi anunciada o 22 de marzo de 1893 mediante un anuncio no diario El Telegrama.
Historia dereita|miniatura|Coral Follas Novas na praza de touros da Coruña, 1933. dereita|miniatura|Asistentes á praza de touros en carruaxe. Foto de Pedro Ferrer. Con anterioridade ao edificio existiran outras tres prazas de touros: a antiga praza Real (na praza de Azcárraga), a praza do Corralón do antigo cuartel de Artillaría (actualmente Zalaeta) e o Campo Volante ou Campo de Marte, todas elas construídas en madeira. O alcalde Juan Flórez pensou en realizar un festival taurino para aumentar o atractivo turístico das festas de verán.
A praza de touros da Coruña foi construída entre 1884 e 1885 mediante achegas dos cidadáns. Así, o 25 de xaneiro chegaron 60 000 duros para sufragala. As obras foron dirixidas polo arquitecto Juan de Ciórraga e estaba situada na área da actual praza de San Paulo.
A corrida de inauguración celebrouse o 2 de xullo de 1885. Para a celebración organizáronse tres corridas os días 2, 3 e 5 de xullo. O primeiro día participaron Juan Ruiz Lagartija e Frascuelo, figura máis coñecida da época.
Na praza tomou a "alternativa" o galego Alfonso Cela Celita, o 15 de setembro de 1912 con Manolo Bienvenida de padriño. Outros galegos con actividade na praza foron José Mínguez Galleguito, en maio de 1925, e o 22 de outubro de 1939 José Mínguez Galleguito e Martín Fernández Celita II. Tras retirarse das touradas, José Mínguez foi asesor da praza ata 1956.
O 6 de agosto de 1934, nunha corrida con Ignacio Sánchez Mejías, Juan Belmonte e Domingo Ortega, saíu despedido un estoque, que impactou nun espectador ao que causou a morte.
Luis Miguel Dominguín, cuxo pai posuíu o usufruto de alugamento da praza na década de 1920, tomou a "alternativa" na praza o 2 de agosto de 1944, con Domingo Ortega de padriño.Redacción. Aplausos (13 de decembro de 2010) “Nace en Madrid Luis Miguel Dominguín”
Ademais de para eventos taurinos, a praza recibiu numerosos usos diferentes ao longo dos anos, celebrándose nela obras de teatro, zarzuelas, concertos e espectáculos circenses, así como os primeiros grandes eventos deportivos da cidade. A praza de touros foi o escenario no que xogou durante os seus primeiros anos de vida o club de fútbol pioneiro da cidade, o Real Club Coruña, e acolleu tamén as competicións ximnásticas e atléticas que organizaba a Liga de Amigos. A partir da década de 1930 comezaron a celebrarse no recinto veladas de boxeo, sendo sede habitual dos campionatos de España profesionais.
Durante a Segunda República, a praza de touros foi un lugar de celebración de mitins e tamén o epicentro de revoltas sociais. Despois da guerra civil española, houbo unha proposta para derribala en 1944 e para construír outra praza noutro lugar. Este cambio de localización non tivo lugar, igual que a proposta de compra por parte do concello debido ás discrepacións cos propietarios pola forma de pagamento. Finalmente, a Sociedad Urbanizadora Coruñesa foi quen se fixo coa propiedade en 1945.
A última corrida na praza de touros foi unha corrida de beneficencia celebrada o 7 de outubro de 1967. Participaron Joaquín Bernardo, Antoñete e Andrés Vázquez Nono. Un mes despois do pechamento, foi demolida.
Despois da demolición Houbo varios intentos para localizar unha praza de touros nos terreos ao lado do estadio de Riazor, onde na actualidade se sitúa a Casa da Auga. En 1968, o alcalde José Manuel Liaño Flores propuxo unha nova localización en Elviña, proxecto que non se levou a cabo.
En 1985, o concello propuxo a construción dun espazo multiúsos nos arredores da cidade en que tamén se realizarían corridas de touros. Inaugurouse o 19 de maio de 1991 co nome de Coliseum.
En xullo de 2015, o concello deixou de financiar a realización da feira taurina.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Imaxe De andanzas y relatos
Coruña, praza de touros de Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:Edificacións desaparecidas