O atentado do aeroporto de Cabul foi un atentado suicida que se produciu o o 26 de agosto de 2021 preto da porta Abbey no Aeroporto internacional Hamid Karzai de Cabul, Afganistán. Este ataque produciuse horas despois de que o Departamento de Estado dos Estados Unidos alertase aos estadounidenses fóra do aeroporto que se marchasen por unha ameaza terrorista. Polo menos 182 persoas morreron no ataque, incluídos 13 militares estadounidenses.
Contexto Despois de que Afganistán caese en mans dos talibáns o 15 de agosto de 2021, o aeroporto internacional Hamid Karzai converteuse no único xeito de saír do país. Miles de cidadáns afgáns que colaboraran coas forzas armadas dos Estados Unidos e da OTAN ou que temían aos talibáns se dirixiron aló coa esperanza de seren refuxiados no estranxeiro.
Con todo, conforme avanzaron os días, os temores pola seguridade aumentaron. O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, tamén recibiu varios informes dun posible ataque na semana previa ao atentado, e varios países fixéronse eco dos alto risco. Na súa toma do país, os talibáns liberaron a presos de varios cárceres incluídos os de Bagram e Pul-e-Charkhi, próximos a Cabul e que retiñan a centenares de membros da organización terrorista ISIS.
Horas antes do ataque, diplomáticos estadounidenses en Cabul alertaron aos seus concidadáns para que abandonasen o aeroporto debido a importantes ameazas. Pola súa banda, o subsecretario de estado das Forzas Armadas do Reino Unido, James Heappey, tamén alertou dunha ameaza moi crible dun ataque, "en cuestións de horas", no aeroporto de Cabul por parte de militantes do Estado Islámico. As embaixadas dos Estados Unidos, Reino Unido e Australia tamén avisaron aos seus cidadáns sobre as amenazas do aeroporto pedíndolles que evitasen o seu contorno.
Ataque O ataque foi levado a cabo polo Estado Islámico - Provincia de Khorasán (ISKP) en plena a evacuación de Afganistan o 26 de agosto de 2021. Na porta Abbey, unha das tres habilitadas o aeroporto, un suicida explotou despois de achegarse a soldados estadounidenses que participaban na Operación Refuxio Aliado. Despois da explosión estalaron disparos e pecháronse todas as portas do aeroporto. Polo menos 175 persoas morreron no ataque, incluídos 13 militares estadounidenses, 169 afgáns dos cales dous tiñan a dobre nacionalidade británica e un era fillo dun cidadán británico. Inicialmente informouse de que 28 combatentes talibáns tamén pereceron no ataque, pero despois foi negado polo voceiro talibán Zabiullah Mujahid nunha entrevista con Radio Free Europe / Radio Liberty. Polo menos outras 150 persoas resultaron feridas, incluíndo 18 militares estadounidenses e máis membros talibáns. Os 13 militares estadounidenses falecidos foron identificados como dez marines, dous soldados do exército estadounidense e un médico militar da Mariña dos Estados Unidos. Inicialmente informouse dunha segunda explosión na porta Baron, que leva o nome do veciño hotel Baron de Cabul. Este hotel fora usado como punto de reunión de cidadáns occidentais para o rescate e evacuación. O hotel tamén serviu como centro de tratamento para os afgáns que fuxían do país para escapar do control dos talibáns. Con todo, un día despois da ataque, o Pentágono negou que se producira tal explosión no hotel circunscribindo o atentado á detonación na porta Abbey. Logo do atentado, o Estado Islámico da provincia de Khorasán reivindicouno segundo anunciou a súa axencia de propaganda Amaq, esta información confirmada por analistas estadounidenses.
Consecuencias
Estados Unidos e os seus aliados continuaron as viaxes para evacuar aos seus nacionais e refuxiados afgáns. O goberno estadounidense reafirmou o seu compromiso de proseguir ata o 31 de agosto, aínda que nos seguintes días os países da OTAN aceleraron as súas operacións para rematalas.
O día 28 de agosto de 2021 informouse de que os Estados Unidos atacara cun dron instalacións do Estado Islámico de Khorasán acabando co responsable da planificación do atentado. Ademais, o Pentágono confirmou que recibiran novas ameazas terroristas. O 29 de agosto de 2021, o exército estadounidense volveu lanzar un ataque cun dron, desta volta para matar a varios suicidas que se desprazaban nun coche coa intención de atentar no aeroporto. En setembro de 2021, unha investigación do xornal The New York Times publicou evidencias que amosarían que o ataque do día 29 errou no seu obxectivo causando a morte de civís. Finalmente, o 17 de setembro, o Pentágono recoñeceu o erro e pediu desculpas pola morte de 10 civís, entre os que había 7 nenos.
Reaccións
Nacional
Os talibáns, a través dun chío do seu portavoz, condenaron o ataque dicindo que "os círculos malignos serán estritamente detidos". A través dos seus portavoces Zabihullah Mujahid, o movemento talibán condenou estes ataques dirixidos a civís. Este último dixo que a zona obxectivo estaba baixo a responsabilidade de soldados estadounidenses. Cómpre sinalar que malia a que tanto os talibáns como o Estado Islámico son fundamentalistas, ambos manteñen diferenzas importantes e unhas relacións tensas.
Internacionais
: o presidente Emmanuel Macron expresou o seu total apoio á coordinación co "aliado americano" para respoder ás explosións. : o presidente do consello de ministros, Mario Draghi, condenou o antentado e expresou o seu apoio aos dereitos da muller que será tratado polo G20. : Pedro Sánchez rexeitou o atentado e confiou en que a evacuación permitirse recoller o maior número de persoas posible. : a chanceler federal, Angela Merkel, expresou a súa repulsa e anulou unha viaxe a Israel para supervisar a evacuación das tropas alemás. : o ministro de exteriores, Yair Lapid, declarou que estaba "afectado e triste" polo atentado, rezou polas familias dos falecidos e fixo un chamamento á cooperación dos Estados Unidos e Israel contra o terrorismo. : o xefe de diplomacia, Mevlüt Çavuşoğlu, declarou: : o presidente Volodymyr Zelenskyi presentou o seu pésame ás vítimas e declarou: : o primeiro ministro Boris Johnson cualificou o atentado de "bárbaro " e declarou que o Reino Unido continuaría coa evacuación (Operación Pitting). Johnson expresou o seu pésame ás vítimas que "lamentablemente perderan a vida". : o presidente Joe Biden condenou o ataque e prometeu represalias contra o ISIS en Afganistán. Os republicanos membros do Congreso dos Estados Unidos criticaron tamén a xestión da retirada das tropas e o xefe da minoría parlamentaria declarou que Biden "debía tomar medidas decisivas para proxeter as nosas tropas". Por mor do atentado, Biden adiou a súa reunión co Premieiro ministro de Israel, Naftali Bennett. Nancy Pelosi expresou o seu pésame no nome da Cámara de Representantes ás familias dos mortos. : o primeiro ministro, Alexander de Croo, dixo estar "horrorizado" polo feito e expresou as súas condolencias ás familias das vítimas así como un recordo a todos os soldados. : o Secretario Xeral António Guterres declarou "Sigo con preocupación a situación no aeroporto de Cabul e condeno firmemente o horrible ataque terrorista de hoxe. O suceso remarca a inestabilidade de Afganistán pero tamén a nosa determinarción de seguir brindando asistencia de emerxencia ao pobo afgán". OTAN: Jens Stoltenberg condenou o atentado e afirmou que a prioridade era restablecer a evacuación dos cidadáns occidentais e dos civís afgáns. : o Ministerio de Asuntos Exteriores da India fixo un comunicado para dar o pésame aos familiares das vítimas e condenar o atentado, ao tempo que chamaba a "manterse unidos contra o terrorismo e todos aqueles que proporcionan santuarios aos terroristas" : a primeira ministra, Jacinda Ardern, condenou o atentado considerando que era "desprezable" e anunciou que Nova Zelandia tería que poñer fin ás evacuacións logo deste ataque. : o Ministerio de Exteriores deu o pésame ás familias dos afectados e chamou á "pronta normalización da tensa situación arredor do aeroporto de Cabul" confiando na "restauración da paz e a seguridade en Afganistán".
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ofensiva talibá de 2021 Aeroporto internacional de Cabul
Categoría:Afganistán Categoría:Terrorismo