Rohullah Nikpai (en ) , nado o 15 de xuño de 1987 é un taekwondista afgán e dous veces medallista olímpico de bronce.
Traxectoria De orixe hazara, Nikpai comezou o seu adestramento en Cabul con dez anos de idade.Nikpai hopes his medal can serve as message of peace ESPN Durante e guerra civil e por mor da violencia na capital, a súa familia deixou a cidade e asentouse nun dos campos de refuxiados de afgáns en Irán. En pouco tempo converteuse en membro do equipo de taekwondo para refuxiados afgáns. Regresou a Cabul en 2004 e continuou o seu adestramento en instalacións de adestramento olímpico proporcionadas polo goberno. Nos Xogos Asiáticos de 2006 celebrados en Doha, Qatar, Nikpai competiu na categoría de peso mosca, onde foi derrotado polo medallista de prata tailandés Nattapong Tewawetchapong na rolda dos 16.
Nikpai competiu nos Xogos Olímpicos de 2008 de Pequín na categoría de 58 kg, derrotando ao dous veces campión do mundo Juan Antonio Ramos de España, e obtendo finalmente a medalla de bronce, o cal supuxo a primeira medalla olímpica na historia de Afganistán. Converteuse nun heroe nacional, e ao seu regreso a Afganistán foi recibido no aeroporto por unha multitude de milleiros de persoas. O presidente de Afganistán, Hamid Karzai chamou a Nikpai inmediatamente para darlle os parabéns. Karzai tamén foi premiado cunha casa, un coche e outros luxos sufragados polo goberno.Amir Shah and Rahim Faiez (2008-08-20). Afghan medalist wins a house, cheers from country. Associated Press "Agardo que isto envíe unha mensaxe de paz para o meu país logo de 30 anos de guerra", declarou Nikpai.Athlete Biography of Rohullah Nikpai. beijing2008.cn Nos Xogos Olímpicos de 2012, Rohullah competiu na categoría de 68 kg, onde foi derrotado polo iraniano Mohammad Bagheri Motamed; conseguiu outra medalla de bronce tras gañar ao británico Martin Stamper.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Rohullah Nikpai no Comité Olímpico Internacional
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Cabul Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Afganistán Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Taekwondistas olímpicos de Afganistán Categoría:Taekwondistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Taekwondistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas olímpicos en taekwondo