Linda Susan Boreman, nada en Nova York o 10 de xaneiro de 1949 e finada en Denver o 22 de abril de 2002, foi unha actriz porno estadounidense coñecida como Linda Lovelace célebre pola súa interpretación no filme hardcore de 1972 Deep Throat. Posteriormente converteuse en cristiá renacida e en voceira do movemento antipornografía.

Traxectoria Linda Boreman naceu nunha familia de clase traballadora de Nova York,Standora, Leo (23 de abril de 2002). "Ex-Porn Star Lovelace Dies After Crash" . Daily News. WebCitation archive. filla de John Boreman, oficial de policía que apenas estaba na casa, e Dorothy Boreman (Tragney), camareira que describiu como dura, dominante e pouco amorosa."Linda Lovelace" . The Daily Telegraph. 24 de abril de 2002 Cando Boreman tiña dezaseis anos, a familia mudouse a Davie, Florida, despois de que o seu pai se retirase.

Aos vinte anos deu a luz un fillo fóra do matrimonio, que a súa nai obrigou a que dese en adopción. Pouco despois volveu a Nova York para estudar informática. Alí tivo un accidente de tráfico polo que requiriu unha transfusión de sangue. Isto provocoulle unha hepatite que fixo que dezaoito anos despois precisase dun transplante de fígado.

Mentres se recuperaba na casa dos pais, relacionouse cun home chamado Chuck Traynor. En pouco tempo namoráronse e poucos meses despois casaron. El humillábaa e agredíaa e pasou a mantela case encarcerada; ademais, obrigouna a se prostituír, ameazándoa de morte se non o facía. A súa vida tomou un novo rumbo cando Chuck a coaccionou para actuar en filmes pornográficos.Lovelace, Linda; McGrady, Mike (2000). Ordeal. Citadel Press. p. 110–114. . Nesa época, Linda foi obrigada a manter relacións sexuais cun cadelo. En 2013, Larry Revene, o cámara que rodou o filme falou sobre el e negou que Boreman fose coaccionada para facer a escena.Larry Revene: Loops and Organized Crime , The Rialto Report , 12 de maio de 2013. O actor Eric Edwards, presente na rodaxe, declarou o mesmo.

En 1972, fíxose célebre ao protagonizar o filme Deep Throat, que acadou unha popularidade sen precedentes e mesmo se publicou unha crítica en The New York Times.Canby, Vincent. The New York Times, 21 de xaneiro de 1973Bronstein, Carolyn. Battling Pornography: The American Feminist Anti-Pornography Movement, 1976–1986 . 2011. Cambridge University Press. Page 75. Arquivado en Google Books. Consultado o 6 de maio de 2012. Deep Throat gañou 600 millóns de dólares, mais a Boreman só lle pagaron 1250 dólares, que foron confiscados polo seu marido. En decembro de 1973 debutou no teatro con Pajama Tops no Locust Theatre de Filadelfia. A produción non tivo éxito e a interpretación de Boreman foi mal recibida.

O seu matrimonio con Traynor rematou en 1973, cando ela conseguiu fuxir e o denunciou á policía. Desesperada, sen conseguir emprego, continuou a traballar como actriz porno, mais a súa carreira entrou en decadencia cando decidiu migrar de filmes pornos duros a producións máis suaves, incluídas Deep Throat II e Linda Lovelace for President, ambos fracasos de público.

En 1980, lanzou unha autobiografía titulada Ordeal, en que revelaba que foi vítima de violación, violencia doméstica, prostitución e pornografía. A obra, xunto cunha declaración nas comisións do Congreso, axudaron a investigar irregularidades na industria pornográfica. Co libro, pasou a ser activista contra a industria pornográfica.

A finais da década de 1980 casou con Larry Marchiano, antigo cliente, que a tirou da prostitución e do cinema pornográfico. Xuntos, tiveron dous fillos. En 1990 a familia mudouse a Denver. Após diversos desentendementos, divorciáronse en 1996. Na época, desenvolveu un novo cadro de depresión, e debido a complicacións do uso de silicona, desenvolveu un cancro de mama, necesitando realizarse unha mastectomía.

O 3 de abril de 2002 sufriu un violento accidente automobilístico, cando o seu coche chocou contra un poste. Foi internada no Denver Health Medical Center, ficando en coma e falecendo semanas despois como consecuencia das múltiplas feridas por todo o corpo que atinxiron os seus órganos vitais. Marchiano e os seus dous fillos estaban presentes cando faleceu.

Filmografía Dogarama (1969) Piss Orgy (1971) Deep Throat (1972) The Confessions of Linda Lovelace (1974) Deep Throat Part II (1974) Linda Lovelace for President (1975)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Jack Stevenson (ed): Fleshpot: Cinema's Sexual Myth Makers & Taboo Breakers (Headpress, Inglaterra 2000) Ligazóns externas Pussycat Theaters - a Comprehensive History by Jay Allen Sanford, published 6-30-10 Pussycat Theater History - San Diego Reader Linda Lovelace (1949–2002) @Arlindo-Correia.org– Collection of Linda Lovelace obituaries and other articles. 'Larry Revene: Loops and Organized Crime', The Rialto Report An interview with the cameraman on one of Linda Lovelace's loops. Deep Throat: Damiano, Lovelace.. and “Lovelace” en The Rialto Report, 8 de setembro de 2013

Categoría:Nados no Bronx Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Nova York Categoría:Actores porno dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Feministas antipornografía Categoría:Actrices de porno heterosexual