O bombo de treboada ou de mallada, chamado tamén zés-p'reira no norte de Portugal, é un instrumento musical de percusión característico das agrupacións instrumentais coñecidas como Treboadas ou Zés Pereiras. Estas formacións musicais son propias do Baixo Miño galego e do Alto Minho portugués.

Orixe O bombo de treboada, ou "de mallar", é un instrumento presente nas dúas beiras do río Miño, cando menos desde o século XVIFernández Santomé (2012). p.24. Ten pouco ten que ver co bombo moderno, herdado das bandas de música, que é empregado actualmente polos grupos música tradicional. En Portugal este tipo de bombos de grandes dimensións son coñecidos como Zés-P'reiras, un nome do que deriva o das formacións que os empregan, as Zés Pereiras.Fernández Santomé (2012). pp.9-10

Estes bombos fabricábanse antigamente baleirando o tronco dunha árbore. Son instrumentos "chatos", a súa altura non supera o seu diámetro, duns 60 ou 70 centímetros. Os dous parches de pel ténsanse mediante cordas en zigzag que se apertan con arrochos de coiro. Píntanse tradicionalmente de verde e vermello, e tócanse pendurados do ombro con dúas mazas diferentes. A maza da man esquerda é longa e fina e esta feita de madeira, empúñase coa punta cara a abaixo e bate na pel esquerda do bombo, que recibe o nome de "berdueira". A da man dereita, máis grosa, sostense coa punta cara a arriba e vai recuberta coa pel dos collóns dun carneiro. Esta maza percute na pel dereita do bombo chamada "batedeira".Fernández Santomé (2012). p.89

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Centenas de bombos são fabricados em Vila Nova de Cerveira - Alto Minho TV (2019) - Youtube.

Categoría:Instrumentos de percusión Categoría:Música tradicional galega