A gaita de barquín é unha gaita galega de insuflación mecánica conservada no Baixo Miño. O seu nome fai referencia ao barquín que o gaiteiro sostén baixo o brazo e co que alimenta o fol do instrumento.
Orixe e evolución
Foi no século XVII cando por toda Europa comezaron a aparecer gaitas de fol alimentadas con barquín. Estímase que foi nesta época cando a unha gaita galega de dous bordóns lle foi engadido este dispositivo, dando orixe á gaita galega de barquín. Gaitas desta tipoloxía conserváronse até os anos 1930 na comarca do Baixo Miño, se ben é seguro que foi tocada nunha zona moito máis ampla, pois áchanse noticias delas na Limia, Baixa Limia, Terra de Soneira, Terra de Trives e Norte de Portugal.
Alén do seu emprego como instrumento solista e a ocasional integración en cuartetos con clarinete, a gaita de barquín facía parte das antigas treboadas. Nestas agrupacións musicais amenizaba, xunto a tambor e bombo de treboada, todo tipo de romarías, seráns, danzas e procesións no Miño galego e portuguésFernández Santomé (2012). p.34. A aparición desde o derradeiro cuarto do século XIX das bandas de música, con nova instrumentación e repertorio, deu inicio a un proceso de estandarización da gaita galega. Este proceso, acelerado na década de 1920 coa popularización dos cuartetos de gaiteiros, levou aos músicos de barquín a modificar os seus instrumentos e, finalmente, ao seu abandono en favor da gaita galega habitual.
Características A gaita de barquín componse basicamente dos seguintes elementosFernández Santomé (2012). pp.79-83: Un barquín, ou fol mecánico, que suxeito ao brazo do gaiteiro utilízase para insuflar aire no instrumento. Dous bordóns, saídos da mesma buxa (chamada na zona tigha ou ghalleto) e situados sobre o ombro do gaiteiro. Este bordóns reciben na zona o nome de orneón (roncón) e ornillo (ronqueta). Algunhas das gaitas conservadas tiñan dous tipos de punteiros, uns afinados en Si (tumbais) e outros en Re (grileiros), existindo algúns dotados dunha chave para mudar de oitava.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas A Gaita de barquín - Tradigaita (2021) - Youtube Ǵaita de barquín - Concerto didáctico Pablo Carpintero (2008) - UVigoTV
Categoría:Gaitas Categoría:Música tradicional galega Categoría:Instrumentos de vento-madeira