Eddie Asner, nado en Kansas City o 15 de novembro de 1929 e finado nos Ánxeles o 29 de agosto de 2021, foi un actor estadounidense.
Traxectoria En 1965 participou como actor convidado na serie The Fugitive no capítulo "Three Cheers for Little Boy Blue", no papel de Roy Malinek. En 1977 integrou o elenco da miniserie Roots, baseada na novela homónima de Alex Haley, en que interpretou o capitán Thomas Davies, un prestixioso mariño que por necesidade económica se ve obrigado a aceptar o mando do veleiro Lord Ligonnier, un barco destinado ao traslado de escravos desde a costa de Gambia ata Annapolis, nos Estados Unidos. Asner gañou un premio Emmy por devandito papel.
Deu voz a J. Jonah Jameson, editor do Daily Bugle, na serie de televisión animada Spider-Man (1994) e foi a voz de Ben Parker, o tío de Peter Parker/Spider-man, na serie animada The Spectacular Spider-Man (2008). En 1999 participou no filme O solteiro como Sid Gluckman, pai de Jimmie, interpretado por Chris O'Donnell.
En 2002 deu vida ao cardeal Angelo Roncalli na miniserie Papa Giovanni - Ioannes XXIII. En 2003, Asner foi Santa Claus no filme Elf, protagonizado por Will Ferrell. En 2009 puxo voz a Carl Fredricksen en Up, filme de Pixar. En marzo de 2013 foi a estrela convidada no remake da serie de televisión Hawaii Five-0 (2010), onde interpretou a Agust March, papel que xa interpretara na serie orixinal. En 2018 interpretou a Sid, o padrasto rico de Johnny na serie Cobra Kai.
Faleceu nos Ánxeles, California, o 29 de agosto de 2021, aos noventa e un anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Actores de Missouri Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz Categoría:Nados en Kansas City, Missouri Categoría:Paseo da Fama de Hollywood