Jorge Maciel Andrés, nado na Guarda o 31 de agosto de 1970, é un regatista galego que competía na clase Mistral e na actualidade compite na clase Raceboard. Participou en dous Xogos Olímpicos: Atlanta 1996 e Sydney 2000.

Traxectoria Foi membro do Monte Real Club de Yates de Baiona, e proclamouse varias veces campión galego e español de wíndsurf. En 1996 en Atlanta disputou os seus primeiros Xogos Olímpicos, rematando na 15ª posición da clase Mistral. Disputou varios Campionatos do Mundo e en 1999 conseguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa de Mistral celebrado na localidade polaca de Pluck. Ao ano seguinte disputou os seus segundos xogos, Sydney 2000, quedando na 22ª posición final.

Na actualidade é membro do Club de Vela playa de Oza situado en A Coruña, volveu a competir a o máis alto nivel sendo un dos mellores GrandMaster do Mundo.

Palmarés internacional +MistralCampionato Europeo Ano Lugar Medalla Clase1999 Pluck BronceMistral

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Datos do deportista no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional .

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Regatistas olímpicos de Galicia Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Nados na Guarda Categoría:Windsurfistas de Galicia