Jessica Kathryn Burton, nada o 17 de agosto de 1982,Interior da contraportada da edición en rústica de Picador de 2015 de The Miniaturist é unha escritora e actriz inglesa. En 2021 tiña publicadas tres novelas, The Miniaturist, The Muse, e The Confession, e un libro de literatura infantil, The Restless Girls.
As súas novelas foron consideradas best-séllers polo Sunday Times e acadaron o número un dos best-séllers do xornal New York Times e Radio 4's Books at Bedtime. En conxunto foron publicadas en case 40 linguas. As súas historias curtas publicáronse en Harpers Baazar US e Stylist.
Non só escribe ficción, os seus ensaios foron publicados en The Wall Street Journal, The Independent, Vogue, Elle, Red, Grazia, Lonely Planet Traveller' e The Spectator.
Traxectoria Estudou en Lady Margaret School, Brasenose College, Oxford, e o Central School of Speech and Drama.
O seu traballo en teatro inclúe The Hour We Knew Nothing of Each Other no National Theatre, Londres en 2008. Alén de traballar como escritora e actriz, traballou como asistente persoal en Londres.
A súa primeira novela The Miniaturist de 2014 está ambientada en Ámsterdam no século XVII. Está inspirada na casa de bonecas de Petronella Oortman albergada no Rijksmuseum, malia que non pretende ser unha novela biográfica. Tardou catro anos en rematala. Vendeu máis dun millón de copias no ano en que se editou e foi obxecto dunha guerra de licitación na Feira do Libro de Londres de abril de 2013. Adaptouse como miniserie de dúas partes para a BBC e PBS Masterpiece en 2017.
A segunda novela de Burton, The Muse, foi publicada en 2016 e está ambientada nun duplo período de tempo, durante a Guerra civil española e 30 anos máis tarde en 1960 en Londres. Foi nomeada para os Books Are My Bag Readers' Awards.
A primeira novela de Burton para nenos, The Restless Girls, foi publicada en setembro de 2018. A historia está baseada no conto dos irmáns Grimm, As doce princesas bailarinas, pero enfocada dende un punto de vista feminista.
A súa terceira novela para adultos, The Confession, foi publicada en 2019. Medusa, o seu segundo libro para nenos, tiña prevista a súa publicación en 2021.
Recoñecemento
2014 Waterstones "Book of the Year" recibido por The Miniaturist 2014 Specsavers National Book Awards: New Writer of the Year por The Miniaturist 2014 Specsavers National Book Awards: Book of the Year por The Miniaturist
Obra
The Miniaturist, 2014 The Muse, 2016 The Restless Girls, 2018 The Confession, 2019
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Actores de Inglaterra