miniatura|Sergio Vallejo con Nupel no Rally Illas Canarias de 2010. Nupel Global Racing foi un equipo privado de rally con sede en Lugo, que competiu entre 2007 e 2011 no Campionato de España de Rally e no Campionato Mundial S2000, acadando o título nas dúas competicións, con Sergio Vallejo no 2009 e con Xavi Pons en 2010. O equipo estaba patrocinado polo empresario lucense Jorge Dorribo, propietario da compañía farmacéutica Laboratorios Nupel, e tivo ao ex-copiloto coruñés Luís Moya como director deportivo.
Traxectoria miniatura|274x274px| Sergio Vallejo cando era membro do equipo Nupel. En 2006 o piloto Sergio Vallejo deixou o equipo FIAT do que formara parte desde 2001. A finais de ano debutou co Porsche 911 no Rally San Froilán, unha proba puntuable para o Campionato Galego onde rematou na segunda posición.
Tempada 2007 En 2007 Vallejo disputou o Campionato de España co Porsche 997 GT3 xa baixo o patrocinio dos laboratorios Nupel, logrando vitorias no Rally Illas Canarias e no Rally de Ferrol.
Tempada 2008 miniatura|150x150px| Porsche 911 do equipo Nupel no Rally Shalymar de 2008. En 2008 Vallejo continuou nos mandos do 997 GT3, esta vez gañando nas Canarias, Llanes, Costa Brava e Shalymar, proclamándose subcampión, empatado a puntos con Enrique García Ojeda. En Llanes estreou unha evolución do Porsche preparado polo francés Bernard Vara.
Ese ano o catalán Xevi Pons entrou no equipo, debutando no Rally Costa Brava e no Serra Morena, tamén cun Porsche 911 GT3.
Tempada 2009 Na tempada 2009, Vallejo e Pons formaron equipo no Campionato de España de asfalto. Vallejo fixo un inicio de tempada irregular, logrando a vitoria nas Canarias por terceiro ano consecutivo, pero sumando dúas retiradas (Vila Joiosa e Cantabria). Na segunda metade do campionato gañou en Ourense, Príncipe de Asturias e Sierra Morena, logrando o título nacional na penúltima proba, Costa Brava, onde quedou cuarto. Tamén gañou a derradeira proba, o Rally Shalymar.
Pola súa banda, Pons disputou o campionato de terra e o de asfalto cun Mitsubishi Lancer Evo X, logrando neste último sete podios, o subcampionato e o campionato do Grupo N.
Tempada 2010 miniatura|150x150px| Xavi Pons co Ford Fiesta S2000 en Alsacia. En 2010 o equipo tivo varias novidades. O ex-copiloto coruñés e campión do mundo Luís Moya asumiu o cargo de director deportivo, cambiouse o Porsche polo Ford Fiesta S2000, un vehículo preparado pola compañía británica M-Sport e os pilotos Álvaro Muñiz, Adrián Díaz e Marta Suria uníronse ao equipo. Con todo, a mediados de tempada, xusto antes da celebración do Rally Rías Baixas, Sergio Vallejo abandonou o equipo por problemas con Moya, despois de ter disputado só tres probas co equipo e despois de participar no Rally de Ourense cun Peugeot 207 S2000. Non completou o resto de probas do calendario e rematou no noveno lugar, sen poder revalidar o título que gañara o ano anterior. Pola súa banda, Pons disputou o nacional de asfalto, logrando unha vitoria en Ourense, e participou no novo Campionato Mundial de Rallys Super 2000, onde logrou dúas vitorias, México e Xordania, e gañou o título no última proba do ano, Gran Bretaña. Ademais do título de pilotos, o equipo quedou segundo na clasificación por equipos, a só un punto do equipo gañador, o Red Bull Rally Team.
Tempada 2011 miniatura|150x150px| O equipo RMC Motorsport conservou os patrocinadores do equipo e disputou a tempada 2011 con varios pilotos. Na imaxe José Antonio Lodeiro no Rally Cataluña. En 2011 o equipo tiña a Pons como o principal piloto aos mandos do Ford Fiesta S2000 e cambiou o nome a Nupel Estrella Galicia 0,0, debido ao novo patrocinador. Tamén incluíron varios pilotos e novos e vehículos, como Adrián Díaz a bordo dun Ford Fiesta S1600 e tres Ford Fiesta R2 para Marta Suria, Marcelo Conchado, Juan Dorribo e incluso Enrique García Ojeda cunha cuarta unidade.
Con todo, a principios de ano o equipo disólvese debido á detención de Jorge Dorribo, xunto a outras persoas relacionadas cunha trama dedicada a conseguir subvencións ilegais. En maio o equipo cambiou de dono e pasou a ser propiedade de Roberto Méndez, que comprou o equipo coa intención de continuar cos proxectos, pilotos e patrocinadores principais.
Resultados
Campionato do Mundo de Rally Ano Vehículo Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 Posición Puntos 2010 Ford Fiesta S2000 Xavi Pons MEX8 XOR 10 NZL 10 POR 12 ALE15 FRA 15 GBR 1315º 6
Campionato do Mundo de Rally S2000 Ano Vehículo Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 Posición Puntos 2010 Ford Fiesta S2000 Xevi Pons MEX1 XOR1 NZL2 POR2 ALE5 FRA 4 GBR3 1º 123
Copa WRC de equipos Ano Vehículo Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 Posición Puntos 2010 Ford Fiesta S2000 Xavi Pons MEX1 XOR1 NZL2 POR2 ALE5 FRA4 GBR3 2º 125
Notas
Véxase tamén Outros artigos Operación Campión
Ligazóns externas
Sitio web oficial de Nupel Global Racing . Arquivado o 19 de xaneiro de 2010 dende o orixinal. Ficha de Nupel Rally Team en revistascratch.com . Arquivado o 17 de outubro de 2012 dende o orixinal.
Categoría:Equipos de automobilismo de España