AL-V, nome artístico de Alverd Gual-Cibeira, ou Alvie Gual-Cibeira, nado en Barcelona, é un artista musical galego.

Traxectoria A súa familia é da zona de Trives (da Pobra e de Sobrado). Estudou para actor e traballa como axente cultural e xestor de cástings en Barcelona. Os seus produtos movéronse entre as artes escénicas e as musicais. Montou o dúo Monsieur Cactus con Álex Marteen, fundou o colectivo queer Futuroa, e baixo o seu alter ego Licorca Fey organizou espectáculos de drags. Presentador de radio e televisión musical, en 2018 empezou a publicar en solitario con produción de alvaro.audio.

En 2021 publicou o seu primeiro álbum en solitario como AL-V, onde incluía unha versión queer-punk da Negra sombra.

Discografía: (Non quero morrer) (2021).

Notas

Categoría:Músicos de Galicia

Categoría:LGBTIQ+ Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Músicos de Cataluña