A sección de baloncesto do Club Atlético de Madrid foi un club profesional de baloncesto con sede en Madrid, España. Foi fundado en 1922 por Ángel Cabrera,​ un dos máis importantes impulsores do baloncesto na rexión e que anos despois fundaría o Real Madrid Basket-Ball. Desde os seus comezos viviu unha continua sucesión de desaparicións e refundacións sen encontrar estabilidade até que finalmente desapareceu en 1991.

A supervivencia do club ao longo da historia foi posíbel grazas a compras ou fusións de clubs que lle permitiron refundar a sección ocupando as prazas nas competicións dos equipos implicados. O último deles foi o Club Baloncesto Collado Villalba, que co nome de Atlético de Madrid-Villalba competiron na temporada 1990−91 da Liga ACB. Despois do acordo tras finalizar a temporada, o club disolveuse e desapareceu definitivamente.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Atlético de Madrid

Atlético de Madrid Categoría:Deporte en Madrid