En farmacoloxía, a pleiotropía dun fármaco é o conxunto de accións que produce distintas daquela para a cal o axente foi especificacmente desenvolvido. Estas accións poden incluír os efectos adversos, que son prexudiciais, pero adoitan incluírse tamén os efectos beneficiosos adicionais que poida producir.

Por exemplo, os medicamentos estatinas son inhibidores da HMG-CoA redutase que actúan primariamente facendo decrecer a síntese de colesterol, pero que se cre que teñen outros efectos beneficiosos, como actuar como antioxidantes e estabilizar as placas ateroscleróticas, así como efectos adversos, principalmente problemas musculares, un aumento do risco de ter diabetes mellitus e unha elevación das transaminases hepáticas.. Os fármacos esteroides, como a prednisona e a prednisolona, teñen efectos pleiotrópicos sistémicos, pola mesma razón que os teñen as hormonas esteroides endóxenas naturais: as células do corpo teñen receptores que poden responder a elas, porque as endóxenas funcionan como mensaxeiros endócrinos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Efectos adversos Pleiotropía en xenética

Categoría:Farmacoloxía