Bernardo Miño Abelenda, nado en Betanzos cara a 1866 e finado en Betanzos o 28 de outubro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Dirixente agrarista de Betanzos, foi director de El Pueblo. En 1917 logo da visita de Pablo Iglesias a Betanzos, fundou a Agrupación Socialista de Betanzos, da que foi presidente en 1931. Foi elixido concelleiro nas eleccións do 12 de abril de 1936 e nomeado terceiro tenente-alcalde. Foi candidato do PSOE pola Coruña nas eleccións de 1933, pero non foi elixido. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Ponte Sampaio con Antonio Lagares Gómez, Camilo Naveira Ferreño e Manuel Fernández Pérez e Francisco Moreno (que sobreviviu á execución), o 28 de outubro de 1936.
Vida persoal Casou con Antonia Santamarina e foi pai de Carmen Miño Santamarina.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas A primeira Corporación Municipal da II República en Betanzos
Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Betanzos Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1936