As ferreñas ou ferriñas, son un instrumento musical de percusión formado por un soporte de madeira e pequenos discos de metal (ferreñas). Os discos agrúpanse por parellas e soan, batendo uns contra os outros, cando se axita o instrumento. Cando o soporte é rectangular, o instrumento recibe tamén o nome de sistro.
Características miniatura|260x260px|Ferreñas rectangulares (sistro). As ferreñas máis habituais teñen marcos de madeira circular, cunha aparencia idéntica á das pandeiretas mais sen o parche de pel. Inicialmente, as ferreñas tocábanse na compaña do pandeiro, cuxo son grave complementaban cos seus agudos metálicos. Os tocadores de ferreñas, sentados, facíanas soar termando delas coa man dereita e batendo ritmicamente entre a man esquerda e a perna. O xeito característico galego de tocar a pandeireta, percutindo con ela sobre a man esquerda, explícase como unha evolución desta maneira de tocar coas ferreñas.
As ferreñas desapareceron da música popular a finais do século XIX, sendo substituídas pola pandeireta. Un instrumento que unificaba os sons de ferreñas e pandeiro, e que propiciou tamén o declive na popularidade deste último.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Instrumentos de percusión Categoría:Música tradicional galega