O prisioneiro de Zenda (en ) é un filme estadounidense de 1952 dirixido por Richard Thorpe. É un remake do filme homónimo de 1937 e da versión muda de 1922. Está protagonizado por Stewart Granger, Deborah Kerr e James Mason (xunto con Louis Calhern, Robert Douglas, Jane Greer e Robert Coote).
Estreouse en galego o 16 de setembro de 1991 a través da TVG.
Sinopse No imaxinario país de Ruritania, a véspera da coroación do seu soberano, este é secuestrado polo seu ambicioso medio irmán que desexa o trono para el. Os súbditos de confianza do monarca, adiviñando as intencións do perverso irmán, convencen un turista, Rudolf Rassendyll, para que suplante o rei. O seu parecido é tan extraordinario que ningún dos outros súbditos nota a diferenza. Para rescatar o verdadeiro rei prepárase unha expedición para sacalo do castello de Zenda onde está secuestrado. O turista, namorado da princesa Flavia participa activamente na loita.
Personaxes Stewart Granger como Rudolf Rassendyl/rei Rudolf V Deborah Kerr como Princesa Flavia James Mason como Rupert de Hentzau Louis Calhern como Coronel Zapt Robert Coote como Fritz von Tarlenheim Robert Douglas como Michael Jane Greer como Antoinette de Mauban Lewis Stone como o cardeal John Goldsworthy como o arcebispo Gordon Richards como dignatario
Produción Esta versión difire moi pouco da precedente de 1937 producida por David O. Selznick e protagonizada por Ronald Colman e Madeleine Carroll. Ademais, mantívose a banda sonora composta por Alfred Newman.
De acordo con Hollywood Reporter, MGM pagou a Selznick 225 000 dólares polos dereitos da novela de Anthony Hope.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1952 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Richard Thorpe Categoría:Filmes de aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes ambientados en Europa Categoría:Filmes ambientados en 1897 Categoría:Filmes de 1952 con versión en galego