O paradoxo de tolerancia foi descrito polo filósofo austríaco Karl Popper en 1945, enmarcado na teoría da decisión. Este paradoxo declara que se unha sociedade ten tolerancia ilimitada, a súa capacidade de ser tolerante acabará por ser reducida, ou mesmo destruída, pola propia intolerancia. Popper concluíu que, malia semellar paradoxal, para manter unha sociedade tolerante, cómpre ser intolerante coa intolerancia.
Discusións Karl Popper definiu este pensamento en 1945 no primeiro volume da súa obra The Open Society and Its Enemies.Popper, Karl (1945): The Open Society and Its Enemies; volume 1: The Spell of Plato. Londres: Routledge, 1945; 978-0-691-15813-6 (1.º volume, editado pola Universidade de Princeton, 2013).
En 1971, o filósofo John Rawls conclúe na súa Teoría da xustiza que unha sociedade xusta ten que tolerar a intolerancia. No caso contrario, a sociedade podería tornarse intolerante e, xa que logo, inxusta. Aínda así, Rawls tamén afirma, do mesmo xeito que Popper, que a sociedade ten un dereito razoábel á supervivencia, que prevalece sobre o principio da tolerancia:
Nun traballo de 1997, Michael Walzer preguntou «Debemos tolerar a intolerancia?». Resalta, amais, moitos grupos relixiosos minoritarios gozan dos beneficos dunha sociedade tolerante. Porén, boa parte destes son intolerantes respecto dalgúns temas. Nun estado de dereito, os membros deses grupos poderían aprender a tolerar, ou polo menos a actuar «coma se posuísen esa virtude».
Thomas Jefferson mencionou a idea dunha sociedade tolerante no seu primeiro discurso como presidente dos Estados Unidos, e manifestou a súa preocupación por quen puidesen desestabilizar o país e a súa unidade:
Tolerancia e liberdade de expresión O paradoxo da tolerancia é importante no debate sobre establecer límites ou non á liberdade de expresión. Popper afirmou que permitirlles a liberdade de expresión a quen a empregarían para eliminala constituiría un paradoxo. Rosenfeld declarou que «semella contraditorio estender a liberdade de expresión cara a posturas extremistas que, de triunfaren, arincarían de raíz as opinións discrepantes». Así mesmo, salienta o feito de que as democracias europeas occidentais e mais os EUA teñen aproximacións opostas á cuestión da tolerancia respecto do discurso de odio.
Homofilia e intolerancia A relación entre a homofilia (a preferencia para interaccionar con quen teñen opinións similares) e a intolerancia ponse de manifesto cando a unha persoa tolerante se lle presenta o dilema de elixir, por unha banda, entre estabelecer unha relación positiva con alguén tolerante que pertence a un grupo diferente, ou, por outra banda, unha relación positiva cun membro intolerante do seu mesmo grupo. No primeiro caso, a persoa intolerante do seu grupo desaproba a relación establecida con alguén do outro grupo, co que xera unha relación negativa co seu par. Porén, no segundo caso, a relación negativa cara a persoa do outro grupo é aprobada polo suxeito intolerante, o que promove unha relación positiva entre os individuos do mesmo grupo.
Este dilema foi considerado por Fernando Aguiar González e Antonio Parravano Acosta en Tolerating the Intolerant: Homophily, Intolerance, and Segregation in Social Balanced Networks. Esta obra modela unha comunidade de individuos, cunhas relacións gobernadas por unha forma modificada da teoría do equilibrio de Heider.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tolerancia social Ligazóns externas «O concepto da tolerancia e os seus paradoxos» (título traducido do inglés), artigo en inglés na Enciclopedia de Filosofía de Stanford. Oberdiek, Hans (2001) «Crebacabezas e paradoxos da tolerancia», publicado no sitio web Google Libros. Pasamonik, Barbara (2004): «Os paradoxos da tolerancia», artigo de setembro de 2004 en revístaa Estudos Sociais, volume 95, n.º 5, páx. 206; setembro-outubro de 2004. Totten, Michael: «Tolerating the intolerant» (‘a tolerancia cara ao intolerante’), artigo de xullo de 2006 no sitio web Michael Totten.
Categoría:Antifascismo Categoría:Paradoxos filosóficos