María Llerena Perozo Porteiro, nada en Vigo o 13 de xaneiro de 1974, é unha escritora galega.

Traxectoria É filla de María Xosé Porteiro e Xosé Antonio Perozo, irmá de Ozo. Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Especialízouse en comunicación, relacionada co xénero e o medio ambiente. Traballou de asesora do conselleiro de medio ambiente e desenvolvemento sostible na Xunta de Galicia entre 2005 e 2009. Despois dirixiu dúas empresas dedicadas á comunicación cultural. Impartiu obradoiros de comunicación para mulleres desde a perspectiva de xénero colaborou con organizacións feministas e impartiu palestras sobre violencia de xénero, ecofeminismo e comunicación.

Colaborou en Praza.

Obra Galego Unha gota é un océano (2018). Auga Editora. 59 páxs. ISBN 978-8494780134. Divulgación sobre a importancia da auga. Sementamos Igualdade. Manual práctico e bos usos (2019). Auga Editora. ISBN 978-84-120382-5-5. Sobre os conceptos de igualdade entre mulleres e homes e boas prácticas. Pérez. Historia dun triunfo (2021). Galaxia. ISBN 9788491517559. Os anos tranquilos (2024). Vigo: Xerais. 400 páxs. ISBN 978-84-1110-558-3. ePub: ISBN 978-84-1110-563-7.

Castelán Todas las rutas de Galicia (1998). GeoPlantena. 248 páxs. ISBN 978-84-08-02655-6. Compostela, ciudad visual (1999). Pórtico Ed. 120 páxs. ISBN 978-84-605-8693-7.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Facebook

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1974