The Last Dance é unha miniserie documental estadounidense de 2020 coproducida por ESPN Films e Netflix. Dirixida por Jason Hehir, a serie conta a historia da carreira deportiva de Michael Jordan, con especial interese na súa derradeira tempada cos Chicago Bulls. A serie inclúe imaxes de arquivo e o equipo de rodaxe tivo acceso completo aos Bulls, e numerosas entrevistas a personalidades da NBA incluíndo ao propio Jordan, Scottie Pippen, Dennis Rodman, Steve Kerr e Phil Jackson.
A serie estreouse na canle ESPN dende o 19 de abril até o 17 de maio de 2020 nos Estados Unidos, mentres que os seus episodios foron lanzados en Netflix internacionalmente o día despois da súa emisión nos Estados Unidos; a partir do 23 de maio, transmitíronse dous episodios consecutivos no socio corporativo de ESPN, ABC. ESPN2 emitiu unha versión alternativa da serie destinada á visualización en familia, que eliminou a maior parte das blasfemias escoitadas nos episodios. Recibiu a aclamación da crítica, sendo especialmente eloxiadas a dirección e a edición.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2020 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Chicago Bulls