Alfredo Marcuño Martínez, nado en Vigo o 9 de febreiro de 1961, é un ex-loitador galego. Foi 17 veces campión de España e competiu nos Xogos Olímpicos de 1988.

Traxectoria miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Comezou a practicar loita libre no Club Sambo de Vigo, con Manuel Roca como adestrador, e en 1981 conquistou os seus primeiros campionatos de España, ao proclamarse na categoría de menos de 48 kg campión tanto de loita libre como de loita grecorromana. Repetiu título en loita libre nas edicións de 1982, 1983, 1985, 1986, 1987 e 1989, e en loita grecorromana en 1982, 1983, 1985, 1986, 1990 e 1991. Ademais foi campión de España de sambo en 1985, 1986 e 1990.

Competiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en loita libre, na categoría de menos de 48 kg. Perdeu os seus dous combates, celebrados en Seongnam, o primeiro deles contra o estadounidense Tim Vanni e o segundo contra o sirio Mohamed El-Messouti.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Juan Caride Ligazóns externas Datos do loitador no sitio web do Comité Olímpico Internacional . Datos do loitador en olympedia.org .

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Loitadores olímpicos de Galicia Categoría:Loitadores nos Xogos Olímpicos de 1988