Ricardo Hevia Álvarez, nado en Mieres (Asturias) o 16 de setembro de 1940 e finado o 8 de xaneiro de 2022 en Lugo, foi un adestrador profesional de baloncesto español. A súa carreira como adestrador inclúe clubs como CB Breogán, OAR Ferrol, Club Ourense Baloncesto ou CB Murcia. Tras a súa retirada como adestrador, residiu en Lugo onde traballou en La Voz de Galicia escribindo sobre o Breogán.
Traxectoria Clubs Ricardo Hevia adestrou aos seguintes equipos:
Gijón Baloncesto (1ª División B, 1985−1987) Trahedi Oviedo (1ª División B, 1987−1989) DYC Breogán (ACB, 1989−1991) Clesa Ferrol (ACB, 1991−1992) DYC Breogán (ACB, 1992−1993) OAR Ferrol (ACB, 1993−1994) Baloncesto Salamanca (ACB, 1994−1995) CB Breogán (LEB, 1995−1996) CB Murcia Airtel (ACB, 1996−1997) Ourense Xacobeo 99 (ACB, 1997−1998)
Falecemento En decembro de 2021 someteuse a unha operación cirúrxica en Lugo que evolucionou a unha situación de extrema gravidade. Finalmente, faleceu o 8 de xaneiro de 2022 aos 81 anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Ricardo Hevia na web da ACB
Categoría:Adestradores de baloncesto de España Categoría:Adestradores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Nados en Mieres Categoría:Nados en 1940