Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Roettiers

Charles Norbert Roëttiers, nado en París o 15 de agosto de 1720 e finado na mesma cidade o 19 de novembro de 1772, foi un medallista e deseñador de moeda francés, o décimo segundo en ocupar o posto de gravador xeral de moeda de Francia."Charles Norbert Roettier". The British Museum.

Traxectoria Charles Robert Roëttiers pertencía a unha ampla familia de gravadores, prateiros e ourives franceses, de orixe flamenga.Rodot, N. (1904). Páxina 110.Forrer, L. (1916). "Geneological table of tyhe Roëttiers Family". Páxina 176 bis. Era fillo de Joseph Charles Roëttiers (1691-1779), de quen aprendeu a arte do gravado da medalla e a moeda, e neto de Joseph Roettiers (1635-1703).Bellier de La Chavignerie, E. (1885).Forrer, L. (1916). Páxina 151.

miniatura|220x220px|Medalla de Charles Norbert Roëttiers (1770): construción da Monnaie de Paris.Les Médailles de L'Ancienne Collection Royale. Administration des Monnaies et Médailles, París. 1900. Nº 158. Páxina 5 e lámina XVIII.Forrer, L. (1916). Páxina 153.

miniatura|220x220px|1 escudo. Lois XV (1771), obra de Charles Norbert Roettiers e do seu pai Joseph Charles Roëttiers. "1 Écu - Louis XV". Numista.com

En 1753 foi nomeado gravador xeral de moedas de Francia, posto no que foi o sucesor do seu pai. No entanto, logo do falecemento de Charles Norbert en 1772, foi novamente o seu pai quen reasumiu o posto interinamente, ata 1774, cando lle foi cedido a un novo titular, Pierre Simon Benjamin Duvivier.Forrer, L. (1916). Páxina 152.

Desde 1759 ata a súa morte foi tamén gravador particular de moedas e medallas do rei na Monnaie de París.

Charles Robert foi un asiduo participante nos Salóns de París, onde amosou as súas medallas e outras creacións, nas edicións de 1753, 1761, 1765, 1769 e 1771.

As formas máis habituais de asinar as súas moedas e medallas foron: C. N. R. ou ROETTIERS FILIUS ou ROETT. FILIUS ou ROETTIERS FIL. ou ROETT. FIL. ou R. FIL. ou R. F. ou C. N. ROETTIERS FILIUS.Forrer, L. (1916). Páxinas 153-155.

Charles Robert Roëttiers foi admitido como membro da Real Academia de Pintura e Escultura o 31 de decembro de 1764, en recoñecemento a unha medalla da súa creación que representaba a fraternidade entre ambas as artes, coa lenda AMICAE QUAMVIS AEMULAE.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Barre, A. (1867). Graveurs Généraux et particuliers des Monnaies de France, Contrôleurs Généraux des Effigies, Noms de quelques graveurs en Médailles de la Renaissance Française. Pillet Fils, París. Bellier de La Chavignerie, E. (1885). "Roettiers (Charles-Norbert) ". En Dictionnaire général des artistes de l'École française depuis l'origine des arts du dessin jusqu'à nos jours: architectes, peintres, sculpteurs, graveurs et lithographes. Tomo 2. Renouard, París. Páxinas 405. Binbgen, J. (1952). Les Rottiers, graveurs en médaille des Pays-Bas Méridionaux. Palais des Académies, Bruxelas. Forrer, L. (1916). "Roettiers, Charles-Norbert". Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 5. Spink & Son. Londres. Páxinas 151-155. Rodot, N. (1904). Les médailleurs et les graveurs de monnaies, jetons et médailles en France. Leroux, París.

Outros artigos Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1720 Categoría:Finados en 1772 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado