Mary Jeanette Robison, nada en Melbourne o 19 de abril de 1858 e finada en Beverly Hills o 20 de outubro de 1942, foi unha actriz australiana coñecida como May Robson. Grande actriz teatral, Robson é ben coñecida polos filmes que rodou na década de 1930, con máis de setenta anos, habitualmente interpretando anciás con bo corazón.

Traxectoria Robson naceu en Australia, mais en 1870, a familia mudouse a Londres. Robson marchou da casa para casar co seu primeiro marido, Charles Leveson Gore, de 18 anos. Casaron o 1 de novembro de 1875 na igrexa parroquial de Camden Town, Londres. Chegaron a Nova York o 17 de maio de 1877 e compraron terras en Fort Worth, Texas onde construíron unha casa e estableceron un rancho. Finalmente volveron a Nova York e Gore morreu a principios da década de 1880.

Tras enviuvar, Robson decidiu facer diferentes traballos para sacar adiante a súa familia. Cando comezou a súa carreira como actriz en 1883, dous dos seus tres fillos morreran de enfermidade. Robson conseguiu chegar a ser unha destacada actriz teatral nas seguintes décadas.

Protagonizou o filme mudo de 1916 A Night Out, adaptación da peza que ela mesma coescribiu, The Three Lights. Participou tamén noutros filmes mudos, e superou con éxito a transición ao cinema sonoro.

Na década de 1930 rodou un total de 45 filmes. Entre os seus protagonistas figura o da produción de 1931 The She-Wolf. Tamén protagonizou o segmento final de If I Had a Million (1932).. Outros papeis de importancia foi o da Raíña de Corazóns en Alice in Wonderland (1933), a Condesa Vronsky en Anna Karenina (1936), a tía Elizabeth en Domando a fera (1938), a tía Polly en The Adventures of Tom Sawyer (1938) e o de Granny en Naceu unha estrela (1937). Robson aínda protagonizou con 82 anos o filme de 1940 Granny Get Your Gun e a súa última interpretación cinematográfica foi en 1942, ano do seu pasamento no filme Joan of Paris.

En 1933, con 75 anos de idade foi candidata ao óscar á mellor actriz por Lady for a Day. Foi o primeiro intérprete nado en Australia candidato ao premio, a primeira persoa candidata en nacer e durante moitos anos foi a actriz de máis idade candidata.

May Robson faleceu en 1942, aos 84 anos na súa casa de Beverly Hills, por causas naturais. Foi enterrada no Cemiterio Flushing en Queens xunto ao seu segundo marido, Augustus Brown.

Filmografía he King of Kings (1927) Chicago (1927) Red-Headed Woman (1932) If I Had a Million (1932) Strange Interlude (1932) The White Sister (1933) Cea ás oito (1933) Beauty for Sale (1933) Lady for a Day (1933) Dancing Lady (1933) Alice in Wonderland (1933) Lady by Choice (1934) Reckless (1935) Ana Karenina (1935) Wife vs. Secretary (1936) Naceu unha estrela (1937) The Adventures of Tom Sawyer (1938) Domando a fera (1938) Four Daughters (1938) The Texans (1938) They Made Me a Criminal (1939) Daughters Courageous (1939) That's Right - You're Wrong (1939) Four Wives (1939) Irene (1940) Million Dollar Baby (1941) Joan of Paris (1942)

Notas

Referencias

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas May Robson de nova (fotógrafo descoñecido)

Categoría:Nados en Melbourne Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores de teatro de Australia