8 femmes é un filme franco-italiano de 2002 escrito e dirixido por François Ozon. Está protagonizado por Catherine Deneuve, Isabelle Huppert, Emmanuelle Béart, Fanny Ardant, Virginie Ledoyen, Danielle Darrieux, Ludivine Sagnier e Firmine Richard. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 75ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Década de 1950. Durante os preparativos para o Nadal nunha casa de campo asasinan o dono da mansión. Oito mulleres relacionadas con el están presentes: a esposa Gaby, as súas fillas Suzon e Catherine, a histérica cuñada Augustine, a irmá Pierrette, a avara sogra Mamy, a ama de chaves Madame Chanel e a criada Louise. Desde ese momento iníciase unha longa e dura xornada de investigación, salpicada de discusións, liortas e revelacións, en que se demostra que todas gardan segredos que as converten en sospeitosas.

Personaxes Danielle Darrieux como Mamy Isabelle Huppert como Augustine Catherine Deneuve como Gaby Fanny Ardant como Pierrette Emmanuelle Béart como Louise Virginie Ledoyen como Suzon Ludivine Sagnier como Catherine Firmine Richard como Madame Chanel Dominique Lamure como Marcel Romy Schneider como o fotógrafo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por François Ozon Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Italia Categoría:Filmes musicais