Trois hommes et un couffin é un filme francés de 1985 dirixido por Coline Serreau. O filme tivo un remake de Hollywood titulado Three Men and a Baby e estreado en 1987. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 58ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.

Sinopse Tres homes novos (Jacques, Pierre e Michel) comparten un piso en París e teñen moitas mozas e festas. Unha vez, durante unha destas festas, un amigo de Jacques dille que ten un paquete moi comprometeder (que resulta ser heroína) para entregar, e pídelle se pode deixalo discretamente na súa casa. Jacques acepta e, como traballa como auxiliar de voo, marcha nunha viaxe dun mes ao Xapón, cóntandolles a Pierre e a Michel do paquete. Entón, unha ex moza de Jacques deixa un bebé na porta, o que fai crer aos seus compañeiros de piso que ese era o paquete que agardaba. As súas vidas cambian completamente, cos solteiros tratando con gánsters, policías e a responsabilidade da paternidade.

Personaxes Roland Giraud como Pierre Michel Boujenah como Michel André Dussollier como Jacques Philippine Leroy-Beaulieu como Sylvia Dominique Lavanant como Madame Rapons Marthe Villalonga como Antoinette Annick Alane como a farmacéutica

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 58ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Coline Serreau Categoría:Filmes sobre nenos