Rafael Rodríguez Baixeras, nado na Pobra do Caramiñal o 19 de novembro de 1947 e finado en Segovia o 25 de novembro de 1989,Rafael Rodríguez Baixeras foi un pintor galego. Era irmán do poeta Xavier R. Baixeras.

Traxectoria Baixeras naceu na Pobra do Caramiñal, mais con nove anos trasladouse coa súa familia a Segovia. Comezou a estudar arquitectura en Madrid, mais tres anos despois cambiouse a belas artes.

Nos seus primeiros anos de carreira artistícas afastouse das vangardas para facer unha pintura máis figurativa, con trazos surrealitas e expresionistas.Baixeras - Afundación A súa primeira exposición individual foi en Tarragona en 1970.

A partir de 1976, o seu estilo cambiou pola influencia do grupo barcelonés Trama e do francés Support-surface, de estilo abstracto. A amizade con outros pintores permitiulle viaxar e participar en exposicións internacionais. Ademais formou o grupo Seis e catro con Fernando Sánchez Calderón, Mon Montoya e Luis Cruz Hernández.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Rafael Baixeras, 1947-1989. Centro Galego de Arte Contemporánea, 2001. Ligazóns externas Rafael Baixeras "Paisaje entero" Rafael Baixeras en Artnet R. Baixeras en AFundación R. Baixeras en BBVA Colección R. Baixeras en Museo Esteban Vicente

Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Pintores de Galicia do século XX