Darío Caramés Ruza, nado en Biscaia o 18 de decembro de 1871Escalafón General Fusionado del Magisterio Primario 1912 e finado en Pontevedra o 24 de outubro de 1949, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Fillo do mestre José Caramés Iglesias, que exerceu en Vinseiro, A Estrada. Foi nomeado mestre da escola de Santo Domingo de Betanzos en 1893;Gaceta de Galicia, 1-7-1893, p. 2. alí creou a revista escolar Infancia e un museo escolar. Nomeado inspector auxiliar de primeiro ensino de Luarca en 1908; despois foi inspector de BiscaiaEl Regional, 15-12-1910, p. 2. e inspector xeral de colonias escolares. Socio proteitor do Seminario de Estudos Galegos, ao igual que o seu irmán Antón. Inspector de primeiro ensino de Pontevedra, militante do Partido Galeguista, foi un dos asinantes do manifesto fundacional da Dereita Galeguista en xuño de 1935, xunto con Xosé Filgueira Valverde. Como inspector en Pontevedra no comezo da guerra civil española, delatou e informou sobre a ideoloxía e militancia política, así como do credo e práctica relixiosa, de mestres republicanos, algúns deles posteriormente represaliados (como no caso de José Montáns Ruibal, mestre de Rebón, Moraña). Xubilouse como inspector en decembro de 1941.El Noticiero Gallego, 4-2-1942, p. 2. O seu irmán Antón Caramés Ruza tivo cargos directivos en Labor Gallega de Pontevedra e tamén militou en Dereita Galeguista, participando durante a guerra na represión de retaguarda cos sublevados como membro da Guardia Cívica e da Milicia Nacional de la segunda línea.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia

Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Nados en Biscaia Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1949