A VG-3.1 ou Vía de Alta Capacidade A-52 (Saída 217)-Noalla (na provincia de Ourense), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Gargantós (San Cibrao das Viñas) e Noalla (San Cibrao das Viñas); atravesa os concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela. Ten unha lonxitude de 4,49 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa A-52 en Gargantós (San Cibrao das Viñas) e finaliza nun cruzamento coa OU-525 en Noalla (San Cibrao das Viñas).
Percorrido
Inicia na rotonda da autovía das Rías Baixas, A-52, cos accesos á autovía AG-31 a Celanova e outros cos camiños veciñais, unha dirección sur cara ao lugar da Telleira (parroquia de Soutomaior do concello de Taboadela) e outra dirección norte ao lugar de Infesta (parroquia de Gargantós do concello de San Cibrao das Viñas) e termina na rotonda coa estrada OU-525 na parroquia de Noalla (mesmo concello) con direccións á Ponte Noalla e a estación ferroviaria de Taboadela. Case á final do percorrido atópase o viaduto de San Bieito duns 451 metros.
Historia
As primeiras obras iniciaron en xuño de 2018 e inauguraron en setembro de 2020 como ramal á estrada autónomica galega OU-525 co acceso ao polígono industrial de San Cibrao das Viñas desde a autovía A-52. Facilita a conexión coa autovía AG-31 a Celanova e permitindo desconxestionar o tráfico desde a Saída 224 da autovía A-52.
Treitos
Denominación Treito Kms Ano servizo Gargantós - Noalla 4,5 2020
Notas
Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia de Ourense Categoría:San Cibrao das Viñas Categoría:Taboadela Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes