Elisabeth Judson Shue, nada en Wilmington, Delaware, o 6 de outubro de 1963, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria Shue naceu no seo dunha familia de clase media,Consultado en 2010 Biografía de Elisabeth Shue IMDb (en inglés) filla de Anne Brewster Wells, axente de banca, e de James William Shue,Obituary for James Shue consultado o 2/20/2015 avogado e axente inmobiliario, que se divorciaron cando ela tiña nove anos.Bandler, Michael J. "The Will to Win; Elisabeth Shue and her brother Andrew had a dream to honor their brother's memory with a film about family and soccer. They didn't trust Hollywood to get it right, so they financed and filmed it here at home.", New Jersey Monthly, 20 de decembro de 2007. Consultado o 23 de decembro de 2013Actress in `Babysitting' takes charge of her life , Bob Strauss, 12 de xullo de 1987. Chicago Sun-Times O seu pai era un activista republicano que intentou ser elixido para o Senado polo estado de Nova Jersey.au.movies.yahoo.com Yahoo! O seu irmán é o tamén actor Andrew Shue.
Shue graduouse no Columbia High School de Maplewood (Nova Jersey) e entrou en Harvard en 1985, licenciándose en ciencias políticas en 2000 despois dunha paréntese en que iniciou a súa carreira como actriz. Durante os seus estudos no instituto e tralo divorcio dos seus pais gañou cartos facendo de modelo na televisión. Shue converteuse nunha cara familiar ao participar en anuncios de Burger King, De Beers e Hellmann's.
En 1984 chegou o seu auténtico debut como protagonista con Karate Kid (1984), onde interpretaba a moza de Daniel LaRusso (Ralph Macchio). Ao mesmo tempo fixo outros papeis en filmes como Call to Glory (1984), rodada para ser emitida na televisión. Continuou a súa carreira actuando en Adventures in Babysitting (1987) e obtivo o papel coprotagonista en Cocktail (1988), protagonizada por Tom Cruise. Máis tarde chegaron as secuelas de Back to the Future, en que interpretou a Jennifer Parker, parella da personaxe interpretada por Michael J. Fox.Jennifer Parker (Character) from Back to the Future IMDb Substituíu a actriz Claudia Wells que renunciou a repetir o seu papel no primeiro filme por mor dunha enfermidade na súa familia. Nesta época, o irmán máis vello de Shue, William, falecu nun accidente durante unhas vacacións familiares.
Na década de 1990 comezou a conseguir papeis máis arriscados. Participou en Marrying Man (1991) con Alec Baldwin e Kim Basinger, mais o filme foi duramente castigado por gran parte da crítica.Marrying Man Rotten Tomatoes Despois tivo un papel protagonista en Heart and Souls, de 1993, xunto a Robert Downey Jr. Seguiulle Leaving Las Vegas (1995), con Nicolas Cage, cunha interpretación que lle valeu unha candidatura ao Óscar, ao Globo de Ouro e ao BAFTA entre outros.Premios y nominaciones de Elisabeth Shue IMDb Despois deste éxito interveu en títulos como Desconstructing Harry (1997), de Woody Allen, The Saint, (1997) con Val Kilmer e a cinta de suspense Hollow Man (2000), en que compartiu cartel con Kevin Bacon e que recadou 190 millóns de dólares en todo o mundo.Recaudación de Hollow Man Box Office Mojo Xa na década de 2000 apareceu en filmes como Hide and Seek (2005), con Robert De Niro, e Dreamer: Inspired by a True Story (2005), con Kurt Russell e Dakota Fanning, que foi eloxiada pola prensa cinematográfica.Respuesta crítica a Dreamer: Inspired by a True Story Rotten Tomatoes
Tras estes filmes viñeron outros que non tiveron repercusión na billetería internacional ou na crítica cinematográfica ata que en 2010 interveu en tres novos filmes: Walking Madison (2010), Janie Jones (2010), xunto a Abigail Breslin, e no remake de Piranha (1978) titulado Piranha 3D (2010), rodada en 3D con actores como Richard Dreyfuss, Christopher Lloyd e Jerry O'Connell. En 2012 incorporouse ao elenco da serie CSI: Crime Scene Investigation como substituta de Marg Helgenberger. Posteriormente participou na serie Cobra Kai, continuación da franquía de filmes Karate Kid.
Vida persoal Shue casou co director Davis Guggenheim en 1994. A parella tivo tres fillos: Miles William, Stella Street e Agnes Charles.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas1983Somewhere, TomorrowMargie1984Ali Mills1986LinkJane Chase1987Adventures in BabysittingChris Parker1988CocktailJordan Mooney1989Regreso ó futuro II Jennifer Parker 1990Back to the Future Part III1991Adele Horner1991SoapdishLori Craven / "Angelique"1993Heart and SoulsAnne1993Twenty BucksEmily Adams1994Radio InsideNatalie1995Susan Crenshaw1995Leaving Las VegasSera1996Annie Kay1997Dr. Emma Russell1997Deconstructing HarryFay1998PalmettoMrs. Donnelly / Rhea Malroux1998City of AngelsPregnant womanCameo sen acreditar1998Cousin BetteJenny Cadine1999MollyMolly McKay2000Hollow ManLinda McKay2002LeoMary Bloom2002Tuck EverlastingNarrador (voz)2004Mysterious SkinMrs. McCormick2005Hide and SeekElizabeth Young2005DreamerLilly Crane2007First BornLaura2007GracieLindsay Bowen2008Hamlet 2Herself2009Don McKaySonny2010Piranha 3DJulie Forester2010Janie JonesMary Ann Jones2011Waking MadisonDr. Elizabeth Barnes2012Hope SpringsKaren, The Bartender2012House at the End of the StreetSarah Cassidy2012Chasing MavericksKristy Moriarity2014Behaving BadlyPamela Bender2017Battle of the SexesPriscilla Wheelan2018Death WishLucy Kersey 2020 GreyhoundEva Frechette
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Vídeo dunha entrevista sobre Gracie
Categoría:Nados no condado de New Castle, Delaware Categoría:Nados en 1963 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa