O Ironi Nahariya (en hebreo: עירוני נהריה‎‎‎) é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Nahariya, ao norte de Israel. O club xoga na Liga Leumit, segunda categoría do baloncesto israelí. O equipo xoga os seus partidos como local no pavillón Ein Sara Sport Hall, recinto con capacidade para 2 500 espectadores.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Israel