O río Negro é o curso de auga máis importante da provincia arxentina de Río Negro e tamén da Patagonia en canto ao seu caudal. O seu nome provén da tradución literal do mapuche Curú Leufvú, aínda que as súas augas son dunha cor máis verde escura ca negra. Antigamente era coñecido tamén como río dos Salgueiros debido á gran cantidade de salgueiros choróns que hai nas súas beiras. Ten unha lonxitude de 635 km, aínda que cunha das súas cabeceiras, o río Limay, a lonxitude total do sistema fluvial Negro-Limay chega aos 1252 km.O río Limay, de 500 km, chega aos 617 km coa súa fonte máis afastada: fonte do lago Espejo (21,7 km) → río Espejo (1,2 km) → lago Espejo Chico (3,2 km) → río Ruca Malén (2,8 km) → lago Correntoso (17,2 km) → río Correntoso (0,3 km) → lago Nahuel Huapi (74,6 km). Por iso o sistema Negro-Limay chega aos 1252 km.

Xeografía left|thumb|250px|Ponte entre Viedma e Carmen de Patagones. 250px|esquerda|miniatura|Meandros do río Negro.

O río Negro nace nominalmente da confluencia dos ríos Limay e Neuquén, no extremo oriental da provincia de Neuquén, e flúe en dirección oeste-sueste en territorio rionegrino até chegar ao océano Atlántico cerca do balneario El Cóndor, 30 quilómetros ao sur de Viedma, capital da provincia. No último tramo do seu curso constitúe o límite natural entre a provincia de Río Negro e a Provincia de Buenos Aires.

É un río de carácter alóctono, xa que non recibe afluentes, con gran cantidade de meandros e illas fluviais, destacando pola súa superficie a de Choele Choel. Discorre entre as bardas ou terrazas que forman as mesetas patagoas, a través dun val de inundación de largo variable e terras moi fértiles produto da sedimentación.

A súa conca está altamente humanizada, xa que o seu caudal encóntrase regulado polas presas que se encontran nos ríos Limay e Neuquén e repártese entre diversos canais de rego. A fertilidade do val aproveitouse para xerar un oasis dentro da rexión, no que se cultivan gran cantidade de froitas e hortalizas. O val constitúe a área máis densamente poboada de toda a Patagonia. A conca do río divídese xeralmente en tres partes: Alto Val do Río Negro, ao oeste, onde se encontran, entre outras, as cidades de General Roca, Cipolletti e Villa Regina; Val Medio centrado na cidade de Choele Choel; e o Val Inferior na desembocadura do río, con Viedma como a cidade máis importante desta área.

Notas miniatura|O Río Negro durante a tardiña na illa da localidade de Choele Choel.

Véxase tamén

Categoría:Ríos da Arxentina