El inocente é unha serie de televisión española orixinal de Netflix, estreada o 30 de abril de 2021 en 190 países do mundo. A serie narra a vida dun exconvicto que trata de refacer a súa vida, non confía en case ninguén e trata de descubrir a verdade que o rodea.
A serie está baseada na novela do mesmo nome de Harlan Coben, e adaptada por Oriol Paulo e Jordi Vallejo. Está protagonizada por Mario Casas, Aura Garrido, Alexandra Jiménez, Juana Acosta e José Coronado, entre outros. Conta cunha única tempada de oito capítulos, cunha duración aproximada de 50 minutos por episodio.
Sinopse Mateo Vidal, un exconvicto trata de reconducir a súa vida cando a súa muller, Olivia, recibe unha estraña chamada e desaparece posteriormente. Mateo trata de descubrir o sucedido que se relaciona co mundo da prostitución e a chantaxe.
Trama Unha noite, hai nove anos, Mateo intercedeu inocentemente nunha pelexa que acabou cun homicidio neglixente. Pasado un tempo, é agora un exconvicto que se atopa preto de acadar a estabilidade na súa vida. A súa parella, Olivia, está embarazada, e os dous están a piques de conseguir a casa dos seus soños. Unha inexplicábel chamada dende o móbil de Olivia desconcerta a Mateo, que comezará unha frenética carreira por descubrir a verdade. Ademais, Lorena, unha inspectora de policía, en pleno desenvolvemento dunha investigación polo suicidio dunha monxa comeza a asistir con estrañeza aos acontecementos que se suceden, a relación co caso de Mateo e tentando encaixar todas as pezas.
Nesta serie tamén terá relevancia o papel de Teo Aguilar, da Unidade de Delitos Especiais, e o da propia Unidade que conducirán ao espectador desde a estabilidade baseada na mentira á realidade oculta que aflora cando todos a daban por pasada.
Elenco Principais Mario Casas como Mateo «Mat» Vidal Rivera Aura Garrido como Olivia Costa / Cándida Isabel Russo Alexandra Jiménez como inspectora Lorena Ortiz José Coronado como Teo Aguilar Martina Gusmán como Kimmy Dale / Martina Díaz Juana Acosta como Emma Durán Mazas / María Luján Calvo Gonzalo de Castro como Jaime Vera Ana Wagener como Sonia Miralles Miki Esparbé como Aníbal Ledesma Xavi Sáez como Ibai Sáez Anna Alarcón como Zoe Flament Susi Sánchez como Irene Baltierre
Elenco secundario
Produción En abril de 2019, Netflix anunciou a adaptación da novela de Harlan Coben El inocente, cuxo director sería Oriol Paulo e o equipo de produción estaría liderado por Belén Atienza. O 22 de novembro de 2019 comezou a rodaxe da serie. Ademais, ese mesmo mes anunciáronse ao tres primeiros actores: Mario Casas, Aura Garrido e Alexandra Jiménez. En outubro de 2020 anunciouse a toda a repartición principal da serie, á parte do tres actores xa anunciados: Martina Gusmán, Juana Acosta, Gonzalo de Castro, Ana Wagener, Miki Esparbé, Xavi Sáez, Anna Alarcón e Susi Sánchez.
Promoción A principios de abril de 2021, anunciouse a data de estrea da serie, sendo o venres, 13 de abril de 2021. Poucos días antes da estrea, a serie comezou a publicitarse nas principais canles españolas (Telecinco, Antena 3) a modo de anuncio publicitario. Ademais, os principais actores asistiron como convidados a programas como El Hormiguero en Antena 3 ou Late Motiv en #0 para promover a serie. O cartel e tráiler da serie foron publicitados en Times Square de Nova York.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2021 Categoría:Series de televisión de España