Madres paralelas é un filme español dramático de 2021 escrito e dirixido por Pedro Almodóvar. Está protagonizado por Penélope Cruz, Milena Smit e Aitana Sánchez-Gijón.

Sinopse É a historia de dúas mulleres, Janis e Ana, que coinciden no cuarto dun hospital onde van dar a luz. As dúas son solteiras e quedaron embarazadas accidentalmente. Janis, non se arrepinte e nas horas previas ao parto está pletórica. A outra, Ana, é moi nova e está asustada, arrepentida e traumatizada. Janis tenta animala mentres pasean como somnámbulas polo corredor do hospital. As poucas palabras que cruzan nesas horas crearán un vínculo moi estreito entre as dúas, que o azar se encargará de desenvolver e complicar dun modo tan rotundo que cambiará as vidas de ambas.

Elenco Penélope Cruz como Janis Martínez Moreno Aitana Sánchez-Gijón como Teresa Ferreras Milena Smit como Ana Manso Ferreras Israel Elejalde como Arturo Julieta Serrano como Brígida Rossy de Palma como Elena Pedro Casablanc como pai de Ana (voz) Carmen Flores como Dolores Julio Manrique como Jesús Daniela Santiago como modelo Ana Peleteiro como modelo José Javier Domínguez como camareiro Ainhoa Santamaría como coidadora Adelfa Calvo Inma Ochoa Trinidad Iglesias Arantxa Aranguren Alice Davies Mar Vidal

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes dirixidos por Pedro Almodóvar Categoría:Filmes rodados en Madrid