miniatura|325px|Eneas derrota a Turno, de Luca Giordano, (1634 - 1705), escena inspirada no final da Eneida de Virxilio. Turno foi un heroe itálico, fillo de Dauno, que reinaba sobre os rútulos á chegada de Eneas ao Lacio. Este sentiuse ofendido porque o rei Latino casou a súa filla con Eneas, que era a súa prometida, e planeou unha guerra contra Eneas e Latino. Na batalla, os rútulos saíron derrotados, pero os aborixes perderon ó seu rei. Turno, con sede de vinganza, foille pedir axuda o rei Mecencio, pero de novo o pobo dos rútulos foi derrotado. Turno e Mecencio resultaron mortos na batalla.
Véxase tamén Bibliografía Diccionario de mitología griega y romana. Pierre Grimal. Edicións Paidós Ibérica, S.A. 1986.
Categoría:Mitoloxía romana