miniatura Os utensilios instrumentalizados son obxectos da vida cotiá utilizados na música tradicional galega para o acompañamento do canto e do baile. O uso destes utensilios orixinouse nas festas populares asociadas as tarefas agrícolas propias da sociedade rural preindustrial. Nestas celebracións ás veces non era posíbel o acceso a verdadeiros instrumentos polo que se empregaban para o acompañamento musical útiles do fogar (como campás, zocas, latas, culleres, botellas, cunchas, morteiros, tixolas...) ou as ferramentas de traballo (sellas, gadañas, sachos, fouces...).

Utensilios AgrupaciónCaracterísticasBotellaAs botellas con relevos na superficie, principalmente de anís, aparecidas a finais do século XIX, empregáronse nas festas populares para o acompañamento do canto mediante o refregado nelas de utensilios metálicos.200x200pxCulleresAs culleres úsanse por parellas como acompañamento musical batendo unha coa outra para producir golpes e redobres. Utilizábanse por toda Galiza e son hoxe fabricadas polos artesáns especificamente para este fin.200x200pxCunchasO uso das cunchas de vieira como instrumento musical tradicional documéntase por toda a xeografía galega, mesmo en lugares do interior moi afastados das costas.200x200pxLataAs latas de carburo, inicialmente, e de pemento despois foron usadas nas festas galegas, desde comezos do século XX, como substitutas de pandeiros e pandeiretas, instrumentos máis caros e difíciles de conseguir.200x200pxSachoConservouse o uso do sacho como base rítmica para canto e o baile nalgunhas comarcas do sur de Pontevedra. Alí asóciase ás labradas comunais dos terreos na primavera. Tamén se utiliza como instrumento musical nos folións de entroido das comarcas de Viana e Terra de Trives.200x200pxTixolaAs tradicionais tixolas de ferro e mango longo que se pousaban sobre os trespés das lareiras foron tamén eficaces substitutos para pandeiros e pandeiretas. O seu uso instrumental documéntase, cando menos, até a primeira metade do século XX, principalmente na comarca da Limia.200x200px

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Música de Galicia Categoría:Música tradicional galega