Pablo Rivas Folgueira, nado en Caborrecelle (Portomarín) en 1989, é un arquitecto técnico e político galego do PPdeG, que ademais é alcalde de Portomarín.

Traxectoria Pablo Rivas graduouse como arquitecto técnico na Universidade da Coruña, e dedícase profesionalmente a esa actividade.

Nas eleccións municipais de 2015 concorreu por primeira vez a unhas eleccións e ocupou o sexto posto na candidatura do PPdeG á alcaldía de Portomarín, pero non saíu elixido. Nos comicios de 2019 repetiu na candidatura, pero nesta ocasión de número 2: o PPdeG acadou a maioría absoluta, e Rivas pasou a ser concelleiro e primeiro tenente de alcalde. A mediados do mandato, en outubro de 2021, o alcalde Juan Serrano dimitiu alegando que xa cumprira os seus obxectivos, e Pablo Rivas converteuse no novo alcalde.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Portomarín

Categoría:Alcaldes de Portomarín Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Portomarín Categoría:Nados en 1989 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña