Rayford Trae Young, nado o 19 de setembro de 1998 en Lubbock, Texas, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Young foi escollido na 5ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Dallas Mavericks, pero na mesma noite do Draft foi traspasado xunto a unha futura elección da primeira rolda do Draft ós Atlanta Hawks, a cambio dos dereitos da terceira elección dese ano, Luka Dončić. O 1 de xullo de 2018, Young asinou o seu contrato de rookie cos Hawks. Ó remate da tempada 2018-19, Young foi incluído no mellor quinteto de rookies da tempada da NBA.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados no condado de Lubbock, Texas Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks